Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 198 mércores, 29 de agosto de 2018

BOP de Lugo
g Nomear unha persoa responsábel que se faga cargo da promoción do evento e do óptimo desenvolvemento da actividade.
h Utilizar o idioma galego nos carteis anunciadores e en toda a propaganda que se faga do evento.
i Distribuír os carteis anunciadores do programa enviados dende a Deputación. En toda a publicidade que se faga a maiores deberá figurar que a actuación pertence ao Programa de Teatro Profesional 2018, xunto co logo da Deputación de Lugo. Esta última poderá, se o considera necesario, solicitar a xustificación da citada publicidade.
a Deberán poñerse en contacto coa Área de Cultura se xorde calquera tipo de inconveniente que non permita desenvolver a actuación na data acordada.
b Comprometerse a ter formalizada unha póliza de responsabilidade civil para asumir todas as responsabilidades derivadas da organización, realización e desenvolvemento da actividade: local, aforo ou calquer outra derivada da materialización deste proxecto, de acordo co establecido nas bases da convocatoria.
c De producirse unha renunciatanto por parte do solicitante como por parte do grupo beneficiarioe sempre que sexa, por circunstancias alleas á Deputación de Lugo, nin o grupo contratado nin o solicitante beneficiario terán dereito a ningunha indennización económica. A este respecto, de producirse unha renuncia por parte do contratado, e aos efectos de non alterar a programación cultural do Concello/asociación cultural solicitante, a Deputación de Lugo concederá outra actuación de substitución, segundo a listaxe de reserva que puidese elaborar a Comisión de Valoración, de acordo ás bases da convocatoria.
OBRIGAS DA DEPUTACIÓN:
De igual xeito, a Deputación de Lugo comprométese a lles aboarcomo máximoa porcentaxe do 50% do custe total da actuación ao grupo ou grupos participantes neste programa, e en todo caso, sempre que se acredite a realización da actuación e, aínda no caso de que houbese algún incumprimento de carácter formal por parte da entidade solicitante da actuación. Non obstante, a porcentaxe que debe aboar a Deputación non se efectuará ata que o Concello ou Asociación beneficiaria con este programa non achegue o certificado de actuación onde constará a recadación total obtida pola representación teatral, segundo o establecido no anexo 9.
Ademais a Deputación comprométese a:
-

Constituír unha comisión técnica que analizará a presentación de solicitudes peticións de actuacións e inscrición dos grupos teatrais de acordo co establecido nas bases, a adxudicación das actuacións e a elaboración dun cronograma temporal das actuacións adscritas a este Programa, tratando de encaixar as necesidades dos concellos/asociacións coas datas dispoñibles dos propios grupos teatrais. A composición da comisión técnica será nombrada por Resolución de Presidencia.

-

-Decidir e distribuír o cronograma espacial e temporal das solicitudes en función das necesidades dos concellos/asociacións e tamén das compañías teatrais participantes.
Elaborar unha listaxe de solicitantes de reserva con obras e compañías de reserva solicitadas parase fose o casosuplir as posibles baixas unha vez adxudicadas as actuacións solicitadas, de acordo coas bases da convocatoria.
Cantas outras situacións se deriven do contido estrito deste programa.

-

-

Os criterios de valoración a ter en conta pola Comisión Técnica de valoración serán:

A PARA OS SOLICITANTES DE ACTUACIÓNS:
CRITERIOS

BAREMACIÓN
MAXIMA

Adaptación do espazo indicado para a realización da función. Os espazos deberán reunir as condicións técnicas necesarias para a representación das pezas así como en materia de seguridade tanto para o público asistente como para as persoas integrantes do grupo/os de teatro
15 puntos
Memoria de actividades culturais anual
15 puntos
Estratexias de difusión e promoción da programación
10 puntos

A puntuación mínima esixida para a concesión da solicitude/es será a de obter -como mínimoo 50% total dos puntos totais que figuran na baremación máxima e, debendo igualmentepuntuar en cada un dos criterios de valoración.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data29/08/2018

Conteggio pagine30

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni