Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 198 mércores, 29 de agosto de 2018

BOP de Lugo
En caso de empate entre varios solicitantes, e aos efectos de poder encadrar as solicitudes dentro do orzamento establecido para este Programa, a orde de prelación para a obtención de representación/actuación será o número de orde de entrada da solicitude no Rexistro Xeral da Deputación.

B PARA AS COMPAÑÍAS DE TEATRO PARTICIPANTES:

CRITERIOS

BAREMACIÓN
MAXIMA

Interese cultural, artístico, relevancia e singularidade do proxecto artístico presentado
15 puntos
Viabilidade técnica e económica do proxecto artístico presentado, tendo en conta especialmente o orzamento e a adecuación do proxecto artístico aos obxectivos que persegue o Programa
15 puntos
Capacidade de produción e distribución
10 puntos
Repercusión do proxecto artístico na creación e fomento de públicos para as artes escénicas
10 puntos

A puntuación mínima esixida para a inclusión no elenco de compañías teatrais participantes neste Programa será a de obter -como mínimoo 50% total dos puntos totais que figuran na baremación máxima e, debendo igualmentepuntuar en cada un dos criterios de valoración.
En caso de empate a puntos entre varias compañías, a adxudicación de actuacións virá determinada non só pola demanda senón tamén polo número de orde de entrada da solicitude no Rexistro Xeral da Deputación.

OBRIGAS DAS COMPAÑÍAS PROFESIONAIS DE TEATRO PARTICIPANTES
Polo que respecta as compañías de teatro participantes no Programa de Teatro profesional 2018, PROSCENIO as súas obrigas para se acolleren a este programa de difusión do teatro profesional son:
a Seren compañías profesionais de teatro, de carácter privado, con domicilio fiscal na provincia de Lugo.
b Contratar ás e aos seus compoñentes seguindo os convenios colectivos vixentes e a contar con todos os seguros pertinentes para a realización de espectáculos.
c Contar cunha sede na provincia de Lugo que non sexa unicamente social, senón que se realice nese mesmo espazo todo o relativo á súa actividade teatral: ensaios. Se a sede social non coincide co local de ensaios, este local de ensaios deberá estar obrigatoriamente en Lugo e deberase acreditar esta situación documentalmente.
d Inscribirse no Programa de Teatro Profesional 2018, PROSCENIO cumprindo todos os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.
e Realizaren as actuacións nos lugares e horas asignados pola Deputación de Lugo en colaboración cos concellos/asociacións solicitantes.
f A de lle expediren á Deputación a/as factura/as correspondentes ás actuacións xa realizadas, e unha vez que a Unidade xestora teña no seu poder os datos da recadación se fose o casoobtida polo Concello ou Asociación beneficiaria da actuación.
g Ter en conta que a Deputación só aboará como máximoo 50 % do custo total de cada actuación, quedando a cargo do Concello ou da asociación cultural solicitante como mínimo o 50 % restante. Estas facturas deberán presentarse na área de Turismo e Cultura da Deputación de Lugo, sempre e despois de que a unidade xestora teña coñecemento de que a actuación foi realizada con satisfacción e que o beneficiario da actuación presente certificado de actuación onde constará a recadación total obtida pola representación teatral se fose o caso, segundo o establecido no anexo 9.
h Deberán poñerse en contacto coa Área de Turismo e Cultura se xurdise calquera tipo de inconveniente que non permita levar a cabo a actuación.
i Deberán facer constar que a actividade a subvenciona a Área de Turismo e Cultura da Deputación de Lugo en todas as actividades de promoción do espectáculo que faga a propia compañía.
j A utilizaren o idioma galego nas representacións das actuacións.
k Cada compañía profesional de teatro poderá ofertar para este Programa 2018 as obras que considere.
l As compañías profesionais de teatro terán que contar co seguro de responsabilidade civil pertinente para a realización das obras de teatro, e para eses efectos deberán cubrir o modelo de declaración xurada recollido nas bases. A Deputación queda exenta de calquera responsabilidade derivada deste programa, incluídas as derivadas das situacións que se poidan producir non só durante a propia actuación, senón tamén no desprazamento previo e posterior ás representacións por parte dos grupos participantes neste programa.
m As compañías profesionais de teatro deberán entregar copia das altas dos traballadores na Seguridade Social.
Documento TA1 e copias compulsadas dos contratos.
n As compañías deberán entregar copia do plan de autoprotección.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data29/08/2018

Conteggio pagine30

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni