Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 9 DE AGOSTO DE 2018

N.º 182

CONCELLOS
BALEIRA
Anuncio Aprobado inicialmente en sesión ordinaria do Pleno deste concello, do día 02 de agosto do 2018 , o Orzamento xeral, as bases de execución e o cadro de persoal funcionario, laboral e eventual, para o exercicio económico de 2018, de acordo co previsto no artigo 169 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e no artigo 20 do Real decreto 500/1990, do 20 de abril, expóñense ao público o expediente e a documentación preceptiva por un prazo de quince días desde a publicación deste anuncio, para os efectos de reclamacións e alegacións.
Conforme o acordo adoptado, o Orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante ese prazo non se presentan reclamacións, no caso de que se realizasen alegacións, o Pleno disporá dun prazo dun mes para resolvelas, segundo o establecido no artigo 169.1 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
Baleira, 2 de agosto de 2018.- ALCALDE

EN FUNCIÓNS ,PD Resolución do 11/07/2018, ALBERTO NÚÑEZ

FERNÁNDEZ.
R. 2237

Anuncio A Corporación Municipal do Concello de Baleira, Lugo, na sesión plenaria ordinaria do 02 de agosto do 2018, aprobou o expediente de modificación de créditos crédito extraordinario cun importe total de 32.400euros aumento da partida 162-622, con cargo ó remanente de tesourería do exercicio anterior, para financiar inversións financeiramente sostibles, segundo memoria incorporada ó expediente de referencia.
De conformidade co disposto no artigo 177 en relación co 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o expediente sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles mediante edictos no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para os efectos de que durante o devandito prazo os interesados poidan examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno.
O expediente considerarase definitivamente aprobado si durante o mencionado prazo non se presentaran reclamacións; en caso contrario o Pleno disporá dun mes para resolvelas.
Baleira, 2 de agosto de 2018.- ALCALDE

EN FUNCIÓNS ,PD Resolución do 11/07/2018, ALBERTO NÚÑEZ

FERNÁNDEZ.
R. 2238

BURELA
Anuncio APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚM. 13/2018
Aprobado inicialmente na sesión ordinaria do Pleno deste concello, celebrada en data 02 de agosto de 2018, o expediente de Modificación de créditos núm. 13/2018, na súa modalidade de transferencia de créditos entre aplicacións de gastos de distinta área de gasto que non afectan a altas e baixas de créditos de persoal, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 por remisión do 179.4 do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, se somete a información pública polo prazo de quince días a contar dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio neste Boletín Oficial da Provincia.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data09/08/2018

Conteggio pagine9

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni