Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 21 DE AGOSTO DE 2018

N.º 191

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. SERVIZO
DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio CONVENIOS COLECTIVOS
Visto o texto do Convenio colectivo do persoal do servizo de limpeza do Hospital Lucus Augusti de Lugo Código 27000680011994, asinado o día 20 de xullo de 2018, pola representación empresarial e polos representantes dos traballadores, como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90
apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo ACORDO:
PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.
SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 01 de agosto de 2018.- A xefa territorial, Pilar Fernández López CONVENIO COLECTIVO PERSOAL DO SERVIZO DE LIMPEZA DO HOSPITAL LUCUS AUGUSTI HULA
ARTIGO 1º. - ÁMBITO DE APLICACIÓN
As estipulacións deste Convenio serán de aplicación ao persoal de limpeza adscrito á Empresa Concesionaria do servizo no HOSPITAL LUCUS AUGUSTI e nos centros de traballo dependentes na actualidade da xerencia do HULA, con independencia da modalidade de contratación que os vincule coa Empresa.
ARTIGO 2º. - ÁMBITO TEMPORAL
Con independencia da súa publicación no BOP, o Convenio terá vixencia desde o día 1 de xaneiro de 2017 ata o 31 de decembro de 2020. Entenderase automaticamente denunciado con tres meses de antelación ao seu vencemento. As partes comprométense a iniciar as negociacións e formalizar a mesa dous meses antes de que finalice a súa vixencia. Mentres non se negocie o novo Convenio Colectivo, este manterase en vigor en todo o seu articulado durante 24 meses.
ARTIGO 3º. - XORNADA LABORAL, DESCANSOS E QUENDAS.
a A xornada será continuada en quendas de mañá, tarde e noite, con 30 minutos de descanso en cada un deles, contados como xornada efectiva para todos os efectos. A xornada establécese de Xornada de 37,5 horas semanais de traballo efectivo. O horario será establecido de común acordo entre a Empresa e os/as representantes dos/as traballadores/as.
Ademais dos días legalmente establecidos, os/as traballadores/as gozarán:
En concepto de días de asuntos propios, 9 días ao ano.
En concepto de sábados, dous de cada tres sábados.
O necesario calendario de libranzas por estes conceptos deberá ser acordado entre a Empresa e os/as representantes dos/as traballadores/as. A Empresa elaborará un calendario trimestral coa distribución diaria da xornada.
b Dos 9 días de asuntos propios, gozaranse 6 antes do 30 de setembro, e os restantes antes do 15 de xaneiro;
solicitándoos con tres días de antelación e non poderán superar nunca máis de nove persoas no mesmo día.
Cando se soliciten en sábado, domingo e/ou festivo, nunca se poderá superar o número de tres persoas o mesmo día cando se trate de sábados, e de dúas persoas cando se trate de domingos e/ou festivos.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data21/08/2018

Conteggio pagine14

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni