Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 10 DE AGOSTO DE 2018

N.º 183

XUNTA DE GALICIA
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.
ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA.
Anuncio Nota: Esta publicación ten efectos meramente informativos. A convocatoria foi publicada integramente no Diario Oficial de Galicia do día 13 de xullo de 2018 e o anuncio para presentación de solicitudes no Boletín Oficial do Estado do día 20 de xullo de 2018.
ORDE do 4 de xullo de 2018 pola que se convoca o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de Policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre.
De conformidade co establecido no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local Diario Oficial de Galicia núm. 222 de 2017, do 22 de novembro, esta vicepresidencia, en virtude da delegación conferida para o efecto polos concellos interesados, DISPÓN:
Convocar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de Policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre, subgrupo C1.
1. Obxecto do proceso selectivo.
1.1 O obxecto do proceso selectivo é cubrir 39 prazas dos corpos de Policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre, subgrupo C1.
1.2. O número, denominación e características das prazas que se convoca a este proceso selectivo especificase no anexo II desta Orde.
1.3. O presente proceso selectivo rexerase polo establecido nestas bases e para o non previsto estarase ao disposto na Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de Policías Locais, no Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que a desenvolve e na Orde do 28 de xaneiro de 2009, pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos da policía local e o Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local.
1.4. O código do procedemento regulado nesta orde é PR461B
2. Requisitos das persoas aspirantes.
As persoas interesadas en participar neste proceso deberán posuír na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter ata a toma de posesión como funcionario/a de carreira os seguintes requisitos:
a Posuír a nacionalidade española.
b Ter cumpridos os dezaoito anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima establecida no artigo 56.1c do Real Decreto Lexislativo 5/2015.
c
Ter unha estatura mínima de 1.65 metros para os homes e 1.60 metros para as mulleres.

d Estar en posesión do título de bacharel ou técnico. Así mesmo, estarase ao establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título a efectos profesionais.
e Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B
f Non ter sido condenado/a por delito doloso nin separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data10/08/2018

Conteggio pagine36

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni