Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 25 DE AGOSTO DE 2018

N.º 195

CONCELLOS
FOZ
Anuncio O Concello de Foz formula proceso de selección para a seguinte contratación laboral temporal derivada das circunstancias da producción:

- 2 OFICIAIS 1 OBRAS. Titulación requirida: certificado de escolaridade.
- 10 PEÓNS MEDIOAMBIENTAIS. Titulación requirida: certificado de escolaridade.
- 8 SOCORRISTAS. Titulación requirida: certificado de inscripción no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Bases para a selección completas, publicadas no taboleiro de anuncios e no portal de transparencia da sede electrónica do Concello de Foz carpeta 1.7.2: http concellodefoz.sedelectronica.es/transparency/
Foz, 17 de agosto de 2018.- O Alcalde, Javier Jorge Castiñeira.
R. 2368

Anuncio Aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Foz.
Habéndose aprobado por Acordo do Pleno Municipal de data 2-8-2018, a relación de postos de traballo, sométese o expediente a información pública por prazo de quince días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio en o Boletín Oficial da Provincia, durante o cal os interesados poderán presentar as alegacións que estimen oportunas.
A relación considerarase definitivamente aprobada se durante o citado prazo non se presentaran reclamacións;
en caso contrario, o Pleno disporá do prazo dun mes para resolvelas.
Foz, 17 de agosto de 2018.- O Alcalde, Javier Jorge Castiñeira.
R. 2369

Anuncio APROBACIÓN DEFINITIVA
O Pleno do Concello de Foz, en sesión ordinaria celebrada o día 2-8-2018, acordou a aprobación definitiva da ORDENANZA REGULADORA DO USO E DISFRUTE DAS PRAIAS DE FOZ, cuxo texto íntegro faise público en cumprimento dos artigos 131 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
TEXTO DO ACORDO ADOPTADO:
Mediante Providencia de Alcaldía de data 11-4-2018, ordénase a tramitación do procedemento de elaboración dunha ordenanza que regule o uso e goce das praias do concello.
O 12-4-2018, a Secretaría Municipal, emite informe xurídico sobre o procedemento administrativo preceptivo para tramitar devandita ordenanza.
De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data25/08/2018

Conteggio pagine16

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni