Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 198 mércores, 29 de agosto de 2018

BOP de Lugo
O orzamento previsto para por en marcha o Programa de Teatro Profesional 2018, PROSCENIO é de 25.000 €. A
distribución da/s función/s por compañías teatrais dependerá da demanda e do atractivo que resulte o proxecto para os solicitantes do Programa, establecéndose igualmente que o cento por cento de todas as funcións asinadas a unha mesma compañía teatral deberá ser inferior a 15.000 € máis IVE, de acordo co establecido no artigo 118.1 da Lei de Contratos do Sector Público. Non obstante, o número máximo de adxudicacións por compañía teatral non poderá superar as 6 actuacións O caché será o propio de cada compañía teatral profesional, de carácter privado, debendo especificar os gastos de cada función: seguridade social, equipo técnico iluminación, son, etc , pago dos actores e actrices participantes en cada representación, etc. Así mesmo, no momento da xustificación da actuación, e previamente ao pago da porcentaxe propia que lle corresponda aboar á Deputación máximo 50% do caché da actuación os grupos de teatro participantes neste Programa deberán achegar documentación coa que se acredite que as actrices e actores están contratados de conformidade o convenio vixente.
O calendario de actuacións irá dende o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2018 e o caché e a duración das representacións dependerá da tipoloxía e natureza das obras presentadas sendo o caché máximo sen técnica 4.000 euros e de 5.500 euros con necesidades técnicas luz, son, etc.
Do mesmo xeito, os Concellos e entidades solicitantes deberán especificar cal é a súa preferencia para a actuación/s solicitada e sinalando igualmente unha segunda data de reserva para o tipo de actuación/s solicitada/as dentro deste Programa.
A Área de Turismo e Cultura establece que, tendo en conta os cachés das actuacións, que todos os solicitantes os Concellos e as asociacións culturais solicitantes, legalmente constituídas deberán asumir o pagamentocomo mínimodo 50% do custo de cada unha das actuacións concedidas. O resto do caché da compañía teatral, ata o máximo do 50% do custo da actuación correrá a cargo da Deputación de Lugo Área de Turismo e Cultura.
A porcentaxe que aboará a Deputación ata un 50% máximo do custo da actividade, estará condicionada a cantidade que o Concello/Asociación solicitante poida recadar coa entrada simbólica que puidese cobrarse fose o caso-. No caso que esta supere o 50% do caché da actuación, a porcentaxe a aboar polo solicitante beneficiado da actuación será o total da recadación obtida, debendo a Deputación aboar o grupo teatral a porcentaxe restante ata o pagamento do cento por cento da actuación. Neste senso, os grupos actuantes deberán facturarlle á Deputación de Lugo, o 50% como máximo do custo da actividade teatral e o 50% como mínimo ao Concello ou asociación solicitante da función. Por esta razón, non se pagará os grupos de teatros mentres o beneficiario da actuación Concello ou Asociación beneficiaria non achegue o certificado de actuación onde constará a recadación total obtida pola representación teatral, segundo o recollido no anexo 9.
OBRIGAS DOS CONCELLOS/ASOCIACIÓN SOLICITANTES:
De acordo coas presentes bases, os Concellos e as entidades solicitantes das actuacións deberán aceptar as condicións deste programa, e por tanto quedan obrigados a:
a Aboar a parte correspondente do caché do grupo que actúe mínimo do 50% do custo total da actuación concedida, estando obrigados a presentar ante a Deputación certificado de actuación onde constaráde ser o casoa recadación total obtida pola representación teatral, segundo o establecido no anexo 9.
b Para lle facer fronte a ese 50% mínimo de pago ao grupo teatral, os Concellos e asociacións culturais legalmente constituídas poderánse así o considerancobrar unha entrada simbólica, debendo a Deputación ser informada das cantidades concretas que se recaden, así como do número de espectadores que presenciaron a peza teatral.
c Inscribirse no programa de Teatro Profesional 2018, PROSCENIO, no prazo de 10 días naturais, a contar dende o día seguinte o da publicación destas bases no B.O.P, especificando na súa solicitude o tipo de función que se quere inserir na programación de cada concello/asociación e maila data seleccionada e outra de reservasegún preferenciapara a realización da función teatral.
d Memoria de actividades culturais realizadas nas últimas dúas anualidades.
e Estratexias de difusión e promoción da programación conxunto de accións transversais que buscan achegar as diferentes actividades e espectáculos culturais ao conxunto da sociedade f Establecer un local axeitado para desenvolver as representacións posuíndo as necesidades técnicas e de seguridade. A Deputación de Lugo exímese de calquera responsabilidade derivada da realización da actividade: características do local, aforo ou calquera eventualidade referida á materialización da actividade concedida, tal como se establece nesta convocatoria, ou as referidas a traslados da compañía, idade dos actores/actrices, montaxe, representación, desmontaxe, entre outros.
É obrigatorio comunicar á Deputación Provincial os seguintes datos relacionados co lugar onde se vai a facer a función:
Nome do espazo onde se vai facer a función, enderezo, planos dixitalizados, fotografías, raider técnico iluminación, son, etc , aforo do espazo ou espazos que se ofrecen para a realización da/as función/s.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data29/08/2018

Conteggio pagine30

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni