Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 28 DE AGOSTO DE 2018

N.º 197

CONCELLOS
BALEIRA
Anuncio Formada e rendida a Conta Xeral do exercicio 2017 e dictaminada pola Comisión Especial de Contas exponse ó público, xunto co dictame de dita Comisión, na Secretaría do Concello durante o prazo de quince días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Durante o devandito prazo e os oito días hábiles seguintes os interesados poderán presentar as reclamacións, reparos ou observacións que coiden pertinentes.
Baleira, 23 de agosto de 2018. O Alcalde, Angel Enrique Martínez-Puga López.
R. 2398

BARREIROS
Anuncio Por Resolución da alcaldía de data 21 de agosto de 2018, aprobouse o Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de augas, sumidoiro, lixo e Canon de auga da Xunta, correspondente ao 3º bimestre do exercicio 2018, así como a apertura dun período de información pública por prazo de un mes a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido na Secretaría do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario dende o día 27 de agosto ata o 27 de setembro de 2018.
Contra o acto de aprobación do padrón e da liquidación de tributos municipais incorporada a este, poderase formular recurso de reposición ante esta Alcaldía, no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes ou ben recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen que poidan interpoñerse ambos simultaneamente. Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso.
A falta de pagamento do Canon da Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a exixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 da Lei Xeral Tributaria e 23 e 24 do RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Barreiros, 21 de agosto de 2018.- O alcalde, Jose Alfonso Fuente Parga.
R. 2390

BURELA
Anuncio Expediente nº : 1831/2018
Aprobado por acordo da Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 16 de agosto de 2018, o Padrón por liquidación das taxas do servizo de abastecemento domiciliario de augas, sumidoiros e recollida de lixo, así como o canón de auga da Xunta de Galicia, correspondente ao Terceiro Bimestre do exercicio 2018, procédese a apertura do período de información pública por prazo de vinte días hábiles a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido nas oficinas do Concello e

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data28/08/2018

Conteggio pagine6

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni