Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 24 DE AGOSTO DE 2018

N.º 194

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E
MINAS
Anuncio Resolución do 16 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xullo de 2018, polo que se modifica a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Montes de Abella modificado, sito nos concellos de Láncara e Triacastela Lugo e promovido por Inverólica de Abella, S.L. expediente 103-EOL.
En cumprimento do disposto no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xullo de 2018, polo que se modifica a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Montes de Abella modificado, sito nos concellos de Láncara e Triacastela Lugo e promovido por Inverólica de Abella, S.L. expediente 103-EOL.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2018.- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces.
ANEXO
Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xullo de 2018, polo que se modifica a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Montes de Abella modificado, sito nos concellos de Láncara e Triacastela Lugo e promovido por Inverólica de Abella, S.L. expediente 103-EOL.
Examinado o expediente iniciado por solicitude de Inverólica de Abella, S.L. en relación coa declaración de utilidade pública do proxecto de modificación do parque eólico Montes de Abella en adiante, o parque eólico modificado, constan os seguintes ANTECEDENTES DE FEITO
Primeiro. Por Resolución do 20 de xullo de 2005, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizáronse as instalacións electromecánicas, aprobouse o proxecto de execución e incluíuse no réxime especial de produción de enerxía eléctrica o proxecto parque eólico Montes de Abella 1 fase DOG núm.172, do 7 de setembro.
Segundo. Mediante Resolución do 28 de setembro de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizáronse as instalacións electromecánicas, aprobouse o proxecto de execución e recoñeceuse a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica da 2 fase do dito proxecto DOG.
núm. 229, do 30 de novembro.
Terceiro. Por Resolución do 15 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, ordenouse a publicación no Diario Oficial de Galicia, do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de febreiro de 2012
polo que se aprobou definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Montes de Abella, así como as disposicións normativas contidas no mencionado proxecto DOG. núm. 91, do 14 de maio.
Cuarto. Mediante Resolución do 29 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizouse a Invertaresa, S.L. a transmisión dos dereitos e obrigas derivados das autorizacións outorgadas para o proxecto do parque eólico Montes de Abella, nos concellos de Triacastela, Samos e Láncara Lugo, a favor de Inverólica de Abella, S.L. en adiante o promotor.
Quinto. O 06.11.2015, o promotor solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a aprobación do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública para o parque eólico modificado.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data24/08/2018

Conteggio pagine22

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni