Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 4 DE AGOSTO DE 2018

N.º 178

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SECCIÓN DE ACTAS
Anuncio Pola Presidencia desta Deputación Provincial de Lugo con data dous de agosto de dous mil dezaoito ditouse a resolución que textualmente di o seguinte:
VISTAS AS ATRIBUCIÓNS CONFERIDAS A ESTA PRESIDENCIA POLA NORMATIVA VIXENTE, ART. 34 DA LEI 7/85 DE
2 DE ABRIL, REGULADORA DAS BASES DE RÉXIME LOCAL, ART. 61 DO R.D. 2568/86 POLO QUE SE APROBA O
REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E RÉXIME XURÍDICO DAS ENTIDADES LOCAIS, E ART. 54 DO
REGULAMENTO ORGÁNICO DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL.
Visto asi mesmo o disposto nos artigos 35.4 da Ley 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 67 do R.D. 2568/86, de acordo cos cales correspondente ós Vicepresidentes substituir na totalidade das súas funcións e por orde do seu nomeamento ó Presidente en casos de ausencia, entre outros, esixíndose nestes casos resolución expresa de delegación, que deberá reunir os requisitos establecidos no artigo 64.1 e 2 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
Tendo en conta o anteriormente exposto, e dado que esta Presidencia se ausentará da provincia con motivo do período vacacional durante os días seis a dezasete de agosto, ámbolos dous incluídos, en uso das atribucións que me confire a lexislación vixente, RESOLVO:
1º.- Delegar no Vicepresidente D. Argelio Fernández Queipo a totalidade das funcións da Presidencia, durante os días seis a dezasete do presente mes de agosto, ámbolos dous incluídos.
2º.- Ordear a publicación da presente Resolución no Boletín Oficial da Provincia.
3º.- Notifíquese a presente resolución ao interesado e comuníquese ao Pleno na vindeira sesión que celebre.
O que se fai público para os oportunos efectos.
Lugo, dous de agosto de dous mil dezaoito. O PRESIDENTE, Darío Campos Conde.- O SECRETARIO EN
FUNCIÓNS, Manuel Castiñeira Castiñeira.
R. 2205

CONCELLOS
NAVIA DE SUARNA
Anuncio Aprobado inicialmente polo Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 26/07/2018, o expediente de modificación de créditos Nº6/2018, que comprende suplemento de créditos por importe de 22.800,00 €, e de crédito extraordinario por importe de 4.200,00 €, financiado con cargo ó remanente líquido de tesoureiría para gastos xerais, derivado da liquidación do exercicio 2.017, en cumprimento do disposto no artigo 177.2 en relación co 169 do R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, queda exposto ó público por prazo de quince días, a efectos de exame e reclamacións, podendo examinarse na Secretaría Municipal en horario de 9,00 a 14,00 horas.
A Proba de Navia, 1 de agosto de 2.018.- O Alcalde, José Fernández Fernández R. 2193

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data04/08/2018

Conteggio pagine4

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni