Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 7 DE AGOSTO DE 2018

N.º 180

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E
MINAS
Anuncio Resolución do 2 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que outorga a Enel Green Power España SLU a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a infraestrutura eléctrica correspondente ao Entroncamento na subestación Chantada da LAT 220 kV
Serra das Penas - Chantada, no concello de Chantada Expediente: IN407A 2011/113-2 7949-AT.
Logo de examinar o expediente instruído a pedimento da empresa Enel Green Power España SLU, con enderezo para os efectos de notificacións na rúa Fernando Casas Novoa, nº 35, portal B, 2º andar, 15707 - Santiago de Compostela A Coruña, resultan os seguintes FEITOS
Primeiro.- O 25/10/2011 a empresa Enel Green Power España SLU presentou a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura eléctrica correspondente ao entroncamento na subestación Chantada da LAT 220 kV Serra das Penas - Chantada, acompañada do proxecto de execución e das separatas técnicas para as entidades afectadas.
A infraestrutura eléctrica proxectada permitirá o entroncamento da LAT 220 kV Serra das Penas - Chantada na subestación eléctrica existente de Chantada, dispoñendo das seguintes características técnicas: está comprendida no termo municipal de Chantada Lugo, con orixe no apoio de fin de liña incluído illamento e conexión e final nos terminais do módulo GIS da subestación Chantada incluído botellas terminais e conexión.
Segundo.- O 11/11/2011 a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria en adiante, xefatura territorial ditou resolución pola que se someteu a información pública a petición de autorización da infraestrutura eléctrica correspondente ao entroncamento na subestación Chantada da LAT 220
kV Serra das Penas - Chantada, promovida por Enel Green Power España SLU expediente IN407A 2011/113-2
7949-AT.
Esta resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 31/01/2012 e no Boletín Oficial da Provincia do 16/12/2011. Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións.
Terceiro.- A xefatura territorial trasladou as separatas técnicas do proxecto de execución da devandita infraestrutura eléctrica, para os efectos de obter o seu informe ao respecto, ás seguintes entidades con bens ou dereitos afectados: Concello de Chantada, Red Eléctrica de España SAU e Unión Fenosa Distribución SA.
A empresa Unión Fenosa Distribución SA mostrou a súa desconformidade co proxecto mediante o condicionado presentado o 14/12/2011, e reiterado mediante escrito presentado o 20/02/2012, por entender que non figuraban incluídas as instalacións de conexión a realizar entre o apoio 82 fin de liña da LAT 220 kV SE Serra das Penas - Chantada e a nova posición.
Cuarto.- O 21/02/2018 a empresa Enel Green Power España SLU presentou un modificado ao proxecto inicial da infraestrutura eléctrica correspondente ao entroncamento na subestación Chantada da LAT 220 kV Serra das Penas - Chantada, co obxecto de atender o esixido no seu día pola empresa Unión Fenosa Distribución SA.
Esta modificación contempla a reubicación e redeseño do pórtico de entrada inicialmente proxectado, dispoñendo das seguintes características:
A conexión proxéctase agora mediante un tramo soterrado que enlazará o derradeito apoio da liña aérea apoio nº 82 coa posición de entrada de liña cela GIS existente na subestación Chantada 220 kV.
Proxéctase tamén instalar no apoio nº 82 un paso aéreo-soterrado PAS a aparamenta necesaria para o establecemento dun punto de medida tipo 1 asociada á nova posición de entrada de liña, incluíndo tres transformadores de intensidade e tres transformadores de tensión, así como autoválvulas en cada fase da liña de entrada e terminais de exterior para a conexión dos cables illados.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data07/08/2018

Conteggio pagine16

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni