Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 191 martes, 21 de agosto de 2018

BOP de Lugo
d En caso de que xurda unha vacante con carácter definitivo ou ben se produza a ampliación de postos de traballo no Servizo de Limpeza do HULA, terán prioridade para amplia a súa xornada os/as traballadoras en plantilla contratadas con xornada parcial, tendo en conta que facultade e responsabilidade da Empresa, a organización e distribución do traballo, polo que aceptará ou denegará de entre as solicitudes presentadas a ampliación de xornada. En ambos casos primeiro serán ofertados para a recolocación interna do persoal fixo de xornada completa conforme ao procedemento que se establece no apartado c do presente artigo.
ARTIGO 6º. - VACACIÓNS
O persoal afectado por este Convenio terá dereito ao goce ininterrompido dun mes de vacacións retribuídas, no período comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, sen que isto signifique que non se poida gozar delas fóra deste período, sempre que exista acordo previo entre a empresa e o/a traballador/a.
Para o goce das vacacións, o persoal poderá cambialas entre si, sempre e cando iso non xere ningunha problemática para o desenvolvemento da actividade, e previa comunicación en tempo e forma á empresa e representación dos traballadores. No caso de que o cambio sexa aceptado pola empresa e comunicado aos/ás representantes dos/as traballadores/as, a data resultante para o goce destas non será obxecto de nova modificación.
Os/as traballadores/as que no momento de gozar as vacacións estean de baixa por enfermidade ou accidente terán dereito a gozalas inmediatamente despois de producirse a alta médica.
A Empresa, de común acordo cos representantes dos/as traballadores/as elaborará cada ano as xornadas correspondentes, seguindo unha orde rotatoria de preferencia, e con suficiente antelación. As vacacións non poderán ser substituídas por compensacións económicas, e a súa remuneración será a mesma que as restantes mensualidades. Do Centro de Atención Continua, que remunera a nocturnidade e a festividade, obterase a media dos tres últimos meses anteriores á data de goce.
Para o presente convenio os días de vacacións incrementaranse por antigidade en:
15 anos: 1 día máis de vacacións.
20 anos: 3 días máis de vacacións.
25 anos: 4 días máis de vacacións.
30 anos: 5 días máis de vacacións.
As vacacións anuais poderanse gozar partidas, logo de acordo coa empresa, a condición de que se gocen en dous períodos iguais, podendo gozar como máximo unha quincena entre xullo e setembro. Neste suposto, se ao traballador/a lle correspondese gozar o seu período vacacional nos meses de xullo a agosto terá dereito ao goce de 31 días naturais.
ARTIGO 7º. - PERMISOS E LICENZAS
a 18 días naturais por matrimonio.
b 8 días naturais en caso de divorcio.
c Catro días por nacemento, enfermidade grave, hospitalización, falecemento de familiares ata 2º tanto por consanguinidade como por afinidade, achégase un anexo de árbore xenealóxica.
Cando exista desprazamento fóra da provincia, o permiso amplíase a seis días.
-Única e exclusivamente dentro deste apartado c en caso de enfermidade grave diagnosticada, o permiso non estará vinculado á hospitalización, podendo gozar este permiso ao longo da duración desta; ben ao comezo do ingreso ou ben inmediatamente á alta hospitalaria, a condición de que se gocen de forma continuada.
Para unha maior aclaración, faise constar o seguinte:
Enfermidade grave: considérase como tal a hospitalización por máis dun día ou intervención cirúrxica sen hospitalización que requira coidado domiciliario de terceira persoa para o seu restablecemento ou curación, cando así o determine o informe médico, no caso contrario o permiso limitarase ao día da intervención.
d Tres días nas mesmas condicións, no caso familiares ata 3º grao tanto por consanguinidade como por afinidade, cando exista convivencia no mesmo domicilio; no caso contrario, o permiso será de 1 día.
Cando o que se realicen sexan probas médicas que requiran anestesia xeral ou epidural, soamente xerarán dereito ao número de días que o familiar enfermo xerador do dereito permaneza hospitalizado, ata o límite dos 3 ou 4 días segundo o grao de parentesco.
Se durante o goce do permiso por accidente ou enfermidade grave do familiar, sobrevén o falecemento deste, suspenderase o permiso que se viña gozando e iniciarase o cómputo dun novo permiso.
e Tres días por traslado de domicilio habitual.
f Polo tempo establecido para gozar dos dereitos educativos xerais e da formación profesional, nos supostos e na forma regulados por lei. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data21/08/2018

Conteggio pagine14

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni