Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 189 sábado, 18 de agosto de 2018

BOP de Lugo
Na medida de que as posibilidades funcionais o permitan, os concelleiros non adscritos disporán dun local para as mesmas funcións.
2. Os concelleiros tomarán asiento no salón de sesións unidos ós outros concelleiros do seu grupo. A orde de colocación dos grupos decidiraa o alcalde.
Artigo 14: Dereitos económicos e políticos.
O pleno da Corporación con cargo aos orzamentos municipais poderá asignar aos Grupos Políticos unha dotación económica, que contará cun compoñente fixo idéntico para tódolos grupos e un compoñente variable en función do número de membros de cada un deles, dentro dos límites que no seu caso establezan as leis de orzamentos xerais do estado. Os concelleiros nos adscritos poderán recibir unha dotación económica que comprenderá só o compoñente variable pero non o compoñente fixo.
Estas dotacións non poderán destinarse ao pago de remuneracións de persoal de calquera tipo ao servizo da Corporación ou á adquisición de bens que poidan constituir activos fixos de caracter patrimonial.
Os grupos políticos e concelleiros non adscritos deberán levar unha contabilidade específica da dotación a que se refiren os apartados anteriores que porán a disposición do Pleno sempre que este llo pida.
O libramento destas asignacións se efectuarán en todo caso previa declaración responsable de non ser destinados a usos proscritos pola lexislación vixente.
Os concelleiros non adscritos terán os mesmos dereitos de participación política que os resto dos concelleiros agás os vinculados á pertenza a un grupo político.
Artigo 5.- Modifícase o artigo 16 que queda redactado como segue:
O alcalde e o Pleno da corporación poderán delegar na Xunta de Goberno as competencias que a lei prevé.
Artigo 6.- Modifícase o artigo 17.1 que queda redactado como segue:
1. O pleno da Corporación reuniráse en sesión ordinaria cada dous meses nos dias e horas fixados en sesión organizativa ou modificados no seu caso, ao longo do mandato.
Artigo 7.- Modifícase o artigo 19.2 que queda redactado como segue:
2. Nas sesións ordinarias, rematados os asuntos expresamente incluídos na orde do día, o Alcalde poderá incluir outros asuntos, na citada orde por razóns de urxencia. Neste caso deberá aprobarse dita urxencia coa maioría absoluta dos membros da corporación.
Na parte adicada ao control unha vez concluído o examen dos asuntos incluídos na orde do dia e antes de pasar ao turno de rogos e preguntas o Alcalde preguntará se algún grupo ou concelleiro non adscrito desexa someter á consideración do Pleno algún asunto non comprendido na orde do día por razóns de urxencia e que non teña cabida no turno de rogos e preguntas.
Estas mocións son distintas das que o Alcalde presidente inclúa na orde do día presentadas polos distintos grupos políticos e concelleiros nos adscritos segundo o cupo que se acorde.
Artigo 7.- Modifícase o artigo 20.3 que queda redactado como segue:
3. Moción é a proposta que se eleva á decisión do pleno pola vía da declaración de urxencia. Tamén se denominan deste xeito as incluidas na orde do dia segundo cupo.
O que se fai público facendo constar que contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, de conformidade co establecido no artígo 23 da Lei da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, poderase interpor recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses que comenzarán a contarse a partires do día seguinte ó da súa publicación no BOP. Todo isto sen prexuizo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno.
Becerreá, 02 de agosto de 2018.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.
R. 2269

BURELA
Anuncio LISTAXE DE COBRAMENTO S.A.F. XUÑO 2018.
Aprobado pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 1 de agosto de 2018 a Listaxe de cobramento por aplicación do Prezo Público do Servizo de Axuda no Fogar libre concorrencia e dependentes, correspondente ao mes de xuño de 2018, que no seu importe total ascende á suma de 7.883,25 €.
Por medio do presente exponse ao público durante o prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data18/08/2018

Conteggio pagine9

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni