Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 189 sábado, 18 de agosto de 2018

BOP de Lugo
bens patrimoniais e da participación en sociedades de todo tipo, con información das sociedades por elas participadas e das autoliquidacións dos impostos sobre a Renda, Patrimonio e, no seu caso, Sociedades.
2. Tales declaracións, efectuadas nos modelos que aprobe o pleno, levaránse a cabo antes da toma de posesión, con ocasión do cesamento e ao final do mandato, así como cando se modifiquen as circunstancias de feito.
Considéranse modificación das circunstancias de feito calquer alteración na situación patrimonial das persoas declarantes pola adquisición ou transmisión de bens e dereitos e polas alterancións nas actividades ou causas de posible incompatibilidade.
3. Os concelleiros electos antes da súa toma de posesión e os concelleiros cesantes ou os saíntes por causa da finalización do seu mandato, presentarán no rexistro de entrada un escrito en modelo oficial no que se indicará que presentan a súa declaración de bens patrimoniais, en sobre pechado con indicación expresa do número de páxinas de que se compón. Pola contra a declaración de actividades terá entrada no rexistro como calquera outro documento ou solicitude.
4. Os concelleiros son responsables das súas declaracións e da veracidade e actualización das mesmas, debendo correxir imprecisións, erros materiais, omisións ou confusións mediante a presentación da correspondente declaración complementaria correxida.
Poderase requerir á persoa interesada para que proceda á enmenda das súas declaracións nos supostos de que observen deficiencias formais nas mesmas entendendo por tales a omisión de calquera dos datos identificativos do declarante, a existencia nas declaracións de palabras borrosas ou enmendadas que non estivesen correxidas pola persoa declarante coa sua signatura, así como a falla de sigantura da persoa declarante.
5. As declaracións anuais de bens e actividades serán publicadas con carácter anual, e en todo caso no momento da finalización do mandato, nos termos que fixe o Estatuto municipal.
Tales declaracións inscribiranse nos seguintes Rexistros de intereses, que terán carácter público:
a A declaración sobre causas de posible incompatibilidade e actividades que proporcionen ou poidan proporcionar ingresos económicos, inscribirase, no Rexistro de Actividades constituído en cada Entidade local.
b A declaración sobre bens e dereitos patrimoniais inscribirase no Rexistro de Bens Patrimoniais de cada Entidade local, nos termos que estableza o seu respectivo estatuto.
6. En tanto non se aprobe o Estatuto Municipal que regule os termos da publicación destas declaracións e sen prexuizo da lexislación en materia de transparencia, publicarase no boletín oficial correspondente edicto no que se indicará a data en que os concelleiros presentaron as súas declaracións de actividades e bens patrimoniais.
Artigo 4: Modifícase o Titulo II que pasa a titularse Grupos políticos municipais e concelleiros non adscritos e que estará integrado polos seguintes artigos.
Artigo 11: Os grupos políticos municipais.
A efectos da súa actuación corporativa, os membros das corporacións locais constituiranse en grupos políticos.
Cada grupo político deberá ter alomenos dous concelleiros. Os concelleiros que non poidan formar grupo propio quedarán incorporados ao grupo mixto.
Ninguen poderá pertencer simultáneamente a máis dun grupo. Non poderán constituir grupo separado os concelleiros que pertenzan á mesma lista electoral.
Tódolos concelleiros deberán estar adscritos a un grupo político municipal sen prexuizo do disposto no artigo seguinte.
Artigo 12: Os concelleiros non adscritos.
Os concelleiros que non se integren no grupo político que constitúa a formación electoral pola que foron elixidos ou que abandonen o seu grupo de procedencia ou sexan expulsados, terán a consideración de membros non adscritos.
Os concelleiros non adscritos non poderán formar novo grupo político.
Cando a maioría dos concelleiros dun grupo político municipal abandonen a formación política que presentou a candidatura pola que concorreron ás eleccións ou sexan expulsados da mesma, serán os concelleiros que permanezan na citada formación política os lexítimos integrantes do devandito grupo político para todos os efectos.
Os dereitos económicos e políticos dos membros non adscritos non poderán ser superiores aos que lles correspondesen de permanecer no grupo de procedencia, e exerceranse na forma que determine o regulamento orgánico da corporación.
Artigo 13: Utilización de locais e orde de colocación no Pleno.
1. Coa finalidade de que poidan desempeñalas súas funcións corporativas o concello porá a disposición de tódolos grupos políticos uns locais axeitados.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data18/08/2018

Conteggio pagine9

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni