Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 194 venres, 24 de agosto de 2018

BOP de Lugo
Sexto. O 22.12.2016, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo en adiante, a xefatura territorial emitiu informe sobre os dereitos mineiros existentes na área definida pola poligonal do parque eólico modificado. De acordo co citado informe, non existe ningún dereito mineiro outorgado no espazo proxectado para o parque eólico modificado, só existe a solicitude de permiso de exploración Triacastela nº 6055.
Sétimo. Por Resolución do 10 de febreiro de 2017, da xefatura territorial, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, a aprobación do proxecto de execución, do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental referidos ao proxecto do parque eólico modificado.
A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 10.03.2017, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do 27.02.2017 e no xornal La Voz de Galicia do 02.03.2017. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados Triacastela e Láncara, da xefatura territorial, e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Lugo, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.
A continuación resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública, recollidas no Anexo desta resolución:

Solicitude de modificación do trazado dun vial de acceso.

Solicitude de denegación da declaración de utilidade pública.

Existencia de erros na Relación de Bens e Dereitos Afectados, maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo e co tipo de aproveitamento.

Oitavo. O 28.06.2017, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas solicitou informe ao que fai referencia o artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e o artigo 66 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal. O 11.08.2017, a Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal remitiu o informe do Servizo de Montes Veciñais e Estruturas Forestais do 18.07.2017.
Noveno. O 27.11.2017, Inverólica de Abella, S.L. presentou no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia un escrito no que solicitou a tramitación do proxecto Montes de Abella modificado conforme á disposición transitoria terceira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.
Décimo. O 21.12.2017, o Consello da Xunta de Galicia declarou de interese especial o proxecto do parque eólico Montes de Abella, consonte a disposición adicional primeira da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Décimo primeiro. Por Resolución do 22 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outorgáronse as autorizacións administrativas previa e de construción ás instalacións relativas ao proxecto de modificación do parque eólico Montes de Abella, sito nos concellos de Láncara e Triacastela Lugo e promovido por Inverólica de Abella, S.L. DOG núm. 27, do 7 de febreiro.
Décimo segundo. O 19.01.2018, esta dirección xeral solicitoulle á Dirección Xeral de Ordenación Forestal o informe de aproveitamentos de masas forestais no marco do establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.
Décimo terceiro. O 29.01.2018, en aplicación do disposto no apartado 3 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas acordou a apertura do trámite de audiencia outorgándolles aos titulares dos aproveitamentos forestais afectados un prazo de 15 días para que alegasen e presentasen os documentos e xustificacións que estimasen oportunos.
Décimo cuarto. O 05.02.2018, a comunidade MVMC Santa María do Monte recibiu a notificación relativa ao trámite de audiencia e non presentou ningunha alegación no prazo outorgado.
Décimo quinto. O 05.02.2018, a comunidade MVMC Furco recibiu a notificación relativa ao trámite de audiencia e non presentou ningunha alegación no prazo outorgado.
Décimo sexto. O 05.02.2018, a comunidade MVMC San Pedro recibiu a notificación relativa ao trámite de audiencia e non presentou ningunha alegación no prazo outorgado.
Décimo sétimo. O 14.02.2018, a comunidade MVMC Rapadas Meda recibiu a notificación relativa ao trámite de audiencia e non presentou ningunha alegación no prazo outorgado.
Décimo oitavo. O 15.02.2018, Amalia López Carballo, Jesús Arias Pérez, Germán López Souto, Jose Manuel Rodríguez Núñez, Pedro López López e Ramón Arias Sánchez presentaron alegacións en relación coa titularidade de varias parcelas afectadas polas instalacións do parque eólico modificado.
Décimo noveno. O 27.03.2018, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal informou, no marco do establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, que non existe

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data24/08/2018

Conteggio pagine22

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni