Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 193 xoves, 23 de agosto de 2018

BOP de Lugo
na modalidade de dependencia, que suxeitaba na sua cláusula sexta a vixencia do citado convenio á vixencia do contrato licitado, que finalizará a súa vez o 14 de septembro de 2018 .
Quinto.- Contando nesta ocasión o Concello de Alfoz con medios técnicos, especialmente en canto a funcionarios con habilitación de carácter nacional se refire, se entende que é conveniente e oportuno formalizar convenio de encomenda de xestión da contratación conxunta do servizo de axuda no fogar modalidade de dependencia, a fin de xestionar de maneira eficiente os medios persoais de carácter técnico , por unha banda, e a fin de poder obter un mellor prezo na licitación ao sacar en conxunto as horas asinadas ao servizo referido.
Sexto.- Faise preciso a aprobación dun convenio de colaboración que, nos termos indicados, regule a citada encomenda de xestión, de conformidade co indicado no artigo 11 da Lei 40/2015, do Sector Público.
Séptimo.- Por todo o anterior , e á vista do acordo adoptado polo Pleno do Concello de Alfoz de data 27 de xullo de 2018
e polo Pleno do Concello de Valadouro de data 26 de xullo de 2018 os concellos asinantes FORMALIZAN encomenda de xestión de conformidade coas seguintes CLÁUSULAS
Primeira.- Natureza e obxecto.O presente convenio ten natureza administrativa e non lle é de aplicación a Lei de contratos do Sector Público á vista do disposto no artigo 6 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector público. Cómprese as condicions dizadas ao efecto polo parágrafo 1º do citado artigo na medida en que as entidades intervinientes non teñen vocación de mercado, o convenio establece unha cooperación entre as entidades coa finalidade de garantir que os servizos públicos que lles incumben se presten de xeito que se acaden os obxectivos que teñen en común e que o desenvolvemento da cooperación se guia únicamente por consideracións relacionadas co interese público.
Se entende que o Convenio supón a formalización do acordo de encomenda de xestión efectuada ao abeiro do artigo 11 da Lei 40/2015, do Sector Público.
O obxecto do presente convenio é a delegación por parte do Concello de O Valadouro no concello de Alfoz da contratación do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia de ambos concellos.
A delegación alcanza todos os actos administrativos de tramitación do expediente de contratación, dende a fase de preparación ata a adxudicación definitiva, mantendose a titularidade municipal do servizo de tal forma que os respectivos contratos de servizos formalizaránse entre a empresa adxudicataria e cada un dos concellos integrantes da contratación.
A encomenda non afecta á prestación do servizos sociais comunitarios de cada concello, nin ao réxime de financiamento do mesmo.
Segunda.- Ámbito Territorial.Se recolle a encomenda de xestión para a tramitación do expediente de licitación do servizo de axuda no fogar prestado nos termos municipais de ALFOZ e O VALADOURO.
Terceira.- Obxectivos da colaboración.O presente convenio baséase no principio xeral de colaboración interadministrativa, para a efectividade da coordinación e eficacia administrativa, que se concreta en:
- Posibilitar a continuidade da prestación do servizo público en termos de economicidade e sostenibilidade financieira, - Prestar de forma eficaz e eficiente o servizo público, - Minorar os custos antieconómicos da prestación illada, - Garantir o acceso dos veciños a uns servizos públicos de calidade mediante unha oferta de recursos suficiente e equilibrada, - Dar resposta ás necesidades da poboación mediante unha axeitada planificación previa, - Valorizar os recursos disponibles, - Garantir a consecución do fin común de optimización dos bens de dominio público.
Cuarta.- Compromisos das partes.
A CONCELLO DE O VALADOURO
O Concello de O Valadouro asume as seguintes actuacións :
1. Facilitar ao Concello de Alfoz canta documentación e información se sexa precisa en calqueira das fases do procedemento de licitación para unha correcta tramitacion do mesmo

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data23/08/2018

Conteggio pagine22

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni