Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

7

Núm. 182 xoves, 9 de agosto de 2018

BOP de Lugo
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 15 días naturais dende o seguinte ó da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Lugar: No rexistro do Concello ou por calquera dos medios dispostos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
SOLICITANTES: Tódolos cidadáns que reúnan os seguintes requisitos:
-Ser español/a.
-Maior de idade.
-Non estar incurso nas causas de incapacidade previstas no artigo 303 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, así como nas causas de incompatibilidade e prohibicións sinaladas nos artigos 389 e 397 da antedita Lei, a excepción das actividades establecidas no artigo 14.2 do Regulamento 3/1995. As causas de incompatibilidade e prohibicións operarán con posterioridade ó nomeamento.
DOCUMENTACIÓN: Os solicitantes deberán presenta-la instancia pertinente dirixida ó Señor Alcalde-Presidente, debendo adxunta-los documentos seguintes:
-Certificado de nacemento e fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade.
-Certificado de antecedentes penales, expedido polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes.
-Declaración complementaria de conducta cidadá á que se refire o artigo 2 da Lei 68/80, no seu punto 1.a, referente a se se atopa inculpado ou procesado.
-Certificación médica acreditativa de non estar impedido física ou psíquicamente para o exercicio da devandita función.
-Xustificante dos méritos que puida alegar fotocopias compulsadas.
En Ribeira de Piquín, a 2 de agosto de 2018.- Alcalde-presidente, Roberto Fernández Rico, R. 2242

SAMOS
Anuncio Aprobados pola Xunta de Goberno Local en sesión de 19/07/2018, os padróns municipais dos Prezos Públicos polo servizo de axuda no fogar e polo servizo vivendas comunitarias/apartamento tutelado, correspondentes a XUÑO de 2018, expoñense ao público polo prazo de 15 días contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no B.O.P., rematado este prazo sen presentarse reclamacións, entenderanse definitivamente aprobados.
O cobro dos mesmos realizarase mediante ingreso dos contribuintes na conta do Concello no Banco Pastor ou BBVA.
Fixanse como periodo de cobro en voluntaria:
Do Prezo Público polo servizo de axuda no fogar con carácter posterior á prestación do servizo é carácter específico, durante os vinte primeiros días do mes seguinte.
Do Prezo Público polo servizo de vivendas comunitarias e apartamento tutelado o prazo de cinco dias, dende o seguinte a exposición deste anuncio no BOP.
Este anuncio ten carácter de notificación colectiva ó amparo do previsto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17
de decembro, Xeral Tributaria. Durante o devandito prazo os interesados poderán examinar e formular contra os actos que se notifican ante a Xunta de Goberno Local deste Concello, recurso de reposición previo ao contencioso administrativo, no prazo dun mes a contar dende a exposición pública dos padróns. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formulen poderá interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
Transcurrido o periodo de pago en voluntaria as debedas serán esixidas polo procedemento de apremio a través do servizo provincial de recaudación.
Samos, a 19 de xullo de 2018. O ALCALDE PRESIDENTE, Julio Gallego Moure.
R. 2156

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data09/08/2018

Conteggio pagine9

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni