Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 182 xoves, 9 de agosto de 2018

BOP de Lugo
Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.
Se transcorrido o devandito prazo non se presentasen alegacións, considerarase aprobado definitivamente o devandito Acordo.
Burela, 06 de agosto de 2018.- O Presidente, Alfredo Llano García R. 2265

FOLGOSO DO COUREL
Anuncio Por Resolución da Alcaldía de data 26 de xullo de 2018 adoptouse o seguinte acordo:
1º.- Delegar a sinatura da persoa que ostenta a Secretaría-Intervención deste Concello na traballadora do concello D M Matilde Arza Zarauza unicamente para os actos de trámite que se expresan seguidamentedurante o período do 30 de xullo de 2018 ata 24 de agosto de 2018, ambos inclusive,- por mor das vacacións da Secretaria-Interventora.
2º.- Os actos de trámite dos que se delega sinatura son:
a Certificados do Padrón Municipal de Habitantes 3º.- Notificar aos interesados a presente Resolución e proceder á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
En Folgoso do Courel, a 26 de xullo de 2018.- A Alcaldesa-Presidenta, Dolores Castro Ochoa R. 2151

LUGO
Anuncio DECRETO NÚMERO 18006252 DO 19/07/2018
Ilmo. Sr. Don XOSE DANIEL PIÑEIRO VILLARES, Tte. de Alcalde Delegado da Area de Desenvolvemento Sostible e Persoal do Excmo. Concello de Lugo.
Visto que polo Decreto número 17010969, de 15 de decembro de 2017, se resolveu convocar o proceso selectivo mediante o sistema de concurso - oposición, para o acceso en propiedade a oito prazas de Administrativo/a pertencentes ao cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, quenda de promoción interna seis prazas incluídas na OPE 2015 e dúas prazas incluídas na OPE 2016, que se rexerá tanto polas bases específicas aprobadas por acordo 17/714 da Xunta de Goberno Local deste Concello na sesión do 22.11.2017, como polas BASES XERAIS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A PRAZAS DE FUNCIONARIAS/OS E
PERSOAL LABORAL DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO, EN QUENDA PROMOCIÓN INTERNA, aprobadas pola Xunta de Goberno Local o día 2 de xuño de 2010 e modificadas polos acordos do citado órgano número 12/809, do 22
de decembro de 2010, e o acordo número 12/742, do 15 de outubro de 2014, e publicadas integramente no BOP de Lugo número 256, do 7.11.2014.
Dito Decreto foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, núm. 017, de 22 de xaneiro de 2018.
De igual xeito foi publicado extracto de dita convocatoria no Diario Oficial de Galicia núm. 57, de 21 de marzo de 2018 e anuncio no Boletín Oficial del Estado nº 104, de 30 de abril de 2018.
Visto que con data do 21 de maio de 2018 rematou o prazo de presentación de solicitudes de participación no mencionado proceso selectivo, esta Concellería, en virtude das atribucións conferidas á Alcaldía polo artigo 124
da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime Local e tendo en conta o Decreto número 16005312, ditado o 5-07-2016, modificado polo Decreto número 18003431 do 26-04-2018, RESOLVE:
Primeiro.- Aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos con indicación do motivo de exclusión no proceso selectivo convocado polo Decreto número 17010969, de 15 de decembro de 2017, para o acceso en propiedade a oito prazas de Administrativo/a pertencentes ao cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, quenda de promoción interna seis prazas incluídas na OPE 2015 e dúas prazas incluídas na OPE 2016, que a continuación se indica:

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data09/08/2018

Conteggio pagine9

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni