Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 181 mércores, 8 de agosto de 2018

BOP de Lugo
5. TRIBUNAL DE SELECCIÓN.
O tribunal cualificador estará composto por un/unha presidente/a e catro vocais, empregados públicos entre os/as que non se incluirán persoal de elección ou de designación política, nin funcionarios/as interinos/as ou persoal temporal ou eventual.
Actuará como Secretario o da Corporación ou empregado público en quen delegue, con voz e sen voto.
A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, no podendo ostentarse esta en representación o por conta de ninguén.
Os membros do Tribunal deben pertencer a un corpo, escala ou categoría profesional para o ingreso no cal se requirise un nivel igual ou superior de titulación ao esixido para participar neste proceso selectivo.
A Resolución pola que se aprobe a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos coa designación dos membros do Tribunal que incluirá os seus respectivos suplentes, farase pública na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello a efectos de recusación.
O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de polo menos tres dos seus membros, xa sexan titulares ou suplentes, e en todo caso requírese a asistencia do Presidente e do Secretario ou dos seus suplentes.
Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir notificándoo ao Sr. Alcalde cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
O/a Presidente/a poderá requirir aos membros do mesmo declaración expresa de non atoparse incursos en causa de abstención. Así mesmo os/as aspirantes poderán recusar aos membros do Tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior.
Os membros do Tribunal son persoalmente responsables do cumprimento das bases da convocatoria e da suxeición aos prazos establecidos para a realización e valoración das probas e para a publicación dos seus resultados.
6. - SISTEMA DE SELECCIÓN: CONCURSO DE MÉRITOS.
Consistirá na valoración dos méritos aportados e debidamente xustificados polos/as aspirantes.
6.1.- EXPERIENCIA PROFESIONAL.a Por cada mes completo de servizos prestados como logopeda en calquera Administración Pública, en Centros de Atención Temperá: 0,25 puntos, ata un máximo de 2 puntos.
b Por cada mes completo de servizos prestados en calquera Administración Pública ou organismo desta dependente en postos para os que se requirise o título de diplomado/grado en logopedia: 0,25 puntos, ata un máximo de 1,50 puntos.
De computarse os servizos polo parágrafo anterior, non se computarán de acordo con este punto b.
c Por cada mes completo de servizos prestados en calquera outro centro ou empresa privada para os que se requirise o título universitario de diplomado/grado en logopedia: 0,25 puntos, ata un máximo de 1 punto. Non se computarán as fraccións inferiores a un mes.
Os extremos anteriores acreditaranse mediante certificación expedida polo Organismo oficial no que se prestaron os servizos ou mediante certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social ou certificado de empresa ao que deberá acompañarse, en todo caso, fotocopia compulsada do contrato de traballo inscrito no Servizo Público de Emprego.
Non se computarán servizos prestados por tempo inferior a un mes e os meses consideraranse de 30 días naturais, contados dende o inicio de cada contrato ata a súa data de finalización. A puntuación reducirase proporcionalmente en caso de servizos prestados a tempo parcial.
De non presentarse a documentación acreditativa destes méritos e de tódolos extremos citados ou se presentase outra diferente á aquí referida, a puntuación nestes apartados será cualificada como de 0 puntos.
6.2.-MÉRITOS ACADÉMICOS.
a -. Por asistencia a cursos de formación complementaria que teñan relación directa coas funcións do posto ou coa Atención Temperá, concederase ata un máximo de 3 puntos con arranxo á seguinte escala:
Masters ou cursos de postgrado relacionados co posto a cubrir: 1 punto Cursos de máis de 100 horas: 1 punto.
De 71 a 100 horas: 0,75 puntos De entre 20 e 70 horas: 0,50 puntos De menos de 20 horas: 0,25 puntos.
Por asistencia a congresos, convencións, xornadas ou seminarios e cursos de 10 horas ou menos: 0,10
puntos.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data08/08/2018

Conteggio pagine14

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni