Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 179 luns, 6 de agosto de 2018

BOP de Lugo
Os premios consistirán en lotes de material deportivo.
En caso de non existir parellas suficientes en algunha categoría, poderán realizarse outras subcategorías.
O orzamento total destinado ao presentes premios poderá ser dividido entre o resto de premios no caso de que algunha categoría quedara deserta co que o importe de cada lote de premios será variable en función do número de participantes.
De acordo co RD 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas, non están suxeitos a retención ningún dos anteriores premios.
Quinto.- Outra información para os beneficiarios dos premios Con carácter xeral, os premios están incluidos no ámbito de aplicación da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, polo que o Concello de Xove é un órgano obligado a facilitar información da concesión dos presentes premios á Base de Datos Nacional de Subvencións. Igualmente, con carácter xeral, non obstante o establecido na Base Sexta non existe obriga de practicar retención por ser inferiores a 300,00 euros, os premios están suxeitos ao IRPF segundo o establecido no artigo 75.2 do RD 439/2007, de 30 de marzo, sendo a Axencia Estatal da Administración Tributaria un dos órganos cesionarios dos datos rexistrados na Base de Datos Nacional de Subvencións en virtude da colaboración coa Administración Tributaria que establece o artigo 20 da Lei 38/2003, de 17 de novembro.
XOVE, 30 de xullo de 2018.- O ALCALDE.- JOSE DEMETRIO SALGUEIRO RAPA
R. 2185

Signature Not Verified Asinado por: null Data: 06.08.2018 08:00:00 CEST
Razón:
Localización: España

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data06/08/2018

Conteggio pagine5

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni