Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

6

Núm. 177 venres, 3 de agosto de 2018

BOP de Lugo
H.
Cubrir e achegar asinado solicitante e pai/nai ou titor/a no caso de ser menor o Modelo 145 referido ao IRPF. Retencións sobre rendementos de traballo. Axencia Tributaria Estatal.
I.

Declaración xurada da condición ou non de deportista profesional. Anexo IV.

K Autorización para recibir a través de correo electrónico comunicación relativas á convocatoria segundo o modelo Anexo V.
- DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER DEPORTIVO PARA A VALORACIÓN DA SOLICITUDE:
Certificación oficial da respectiva federación que acredite:
a A posesión da correspondente licenza federativa oficial do piloto/a durante a anualidade 2017 e no momento da solicitude da bolsa ano 2018.
b De acordo co establecido na presente convocatoria, acreditación na certificación federativa de ter disputado polo menos e como mínimo dúas 2 probas nalgunha proba oficial federada durante a temporada 2017, das modalidades e grupos indicados no punto TERCEIRO da presente convocatoria.
c Resultados deportivos e datos deportivos detallados de:
- Palmarés - rankings oficiais - participacións e resultados en probas federadas, indicando en cada caso, o rally, a clasificación, o grupo, e calquera outro relativo aos méritos deportivos a valorar de acordo co reflectido no punto NOVENO desta convocatoria.
- outros elementos de valoración establecidos nesta convocatoria, etc, relativos ao/á deportista individual piloto/a solicitante.
O período de valoración de resultados será o comprendido desde o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017, de acordo cos criterios, probas e elementos de valoración establecidos expresamente no punto NOVENO
desta convocatoria.O mencionado certificado debera estar asinado pola respectiva federación como acreditación de que os méritos deportivos alegados son certos.
d Acreditación documental da pertenza a unha escudaría da provincia de Lugo, mediante declaración responsable da respectiva escudaría.
Os anexos que figuran na documentación requirida estarán a disposición das persoas solicitantes na Área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes da Deputación de Lugo, así como na páxina web da Excma. Deputación Provincial de Lugo, www.deputacionlugo.org A presentación das solicitudes supón a aceptación incondicional das presentes bases e das condicións, requisitos e obrigas contidas nelas.
A concorrencia ao proceso de concesión das bolsas implicará a manifestación tácita do consentimento inequívoco ao tratamento de datos de carácter persoal e a súa publicación de acordo co previsto na Lei orgánica 15/99, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais será estritamente a xestión de tramitación do expediente correspondente.
SÉTIMO.- PROCEDEMENTO
Unha vez presentada a solicitude, os servizos técnicos da Área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes da Deputación de Lugo, revisarán a documentación achegada. No caso de estar incompleta ou conter erros, requirirase aos/ás solicitantes para que no prazo de dez días hábiles, acheguen os documentos preceptivos ou remedien a falta, con indicación de que se transcorrido o prazo non o fixeran, procederase ao arquivo da solicitude.
A non presentación da documentación precisa ou a omisión de datos de xeito total ou parcial terá como consecuencia a non valoración dos méritos dentro dos criterios establecidos que non estean suficientemente xustificados.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data03/08/2018

Conteggio pagine30

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni