Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/08/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 175 mércores, 1 de agosto de 2018

BOP de Lugo
Chantada, 17 de xullo de 2018.- O Alcalde, Manuel Diéguez Carballo.
R. 2067

GUITIRIZ
Anuncio Nomeamento dunha funcionaria de carreira Mediante este anuncio faise público que a Alcaldesa con data do 16/07/2018 adoptou o seguinte acordo:
Vista a proposta de nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo dunha praza de administrativo, a favor de Sandra Freire del Valle e achegada a documentación requirida nas bases da convocatoria pola aspirante, acorda:
PRIMEIRO: Avogar para este caso concreto a competencia para o nomeamento de persoal.
SEGUNDO.-Nomear a Dona Sandra Freire del Valle con DNI 33538941L, como funcionaria de carreira na praza de administrativa adscrita aos departamentos de intervencióncontabilidade dentro da escala de Administración Xeral, Subescala Administrativa pertencente ao grupo C1
TERCEIRO.- Notificarlle este acordo á funcionaria nomeada e comunicarlle que deberá tomar posesión e incorporarse no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia.
CUARTO.-Publicar o nomeamento no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios deste concello e comunicala ao servizo de recursos humanos e aos servizos municipais de secretaría, intervención e tesourería aos efectos oportunos.
Guitiriz, 18 de xullo de 2018.- A alcaldesa, Regina Polin Rodriguez.
R. 2068

Anuncio Solicitada a esta Alcaldía por Lobeiras e López S.L. autorización para Acondicionamento de local para café-bar con obradoiro de pastelería e servizo de venda emprazado na Rúa Deputación nº 7, baixo, San Xoan de Lagostelle Guitiriz, en cumprimento do disposto no artigo 36 do Real Decreto 2816/1982, de 27 de agosto, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Policía de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas xunto co artigo 83 da Lei 39/2015, sométese a información pública o expediente por un período de 20 días, co fin de que durante o mesmo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar, poidan examinar o expediente, nas oficinas deste Concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas. O prazo de exposición pública comezará a contarse dende o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia.
Guitiriz, 18 de xullo de 2018.- A alcaldesa, Regina Polin Rodriguez.
R. 2069

O INCIO
Anuncio BASES ESPECÍFICAS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON
CARÁCTER PROVISIONAL OU TEMPORAL, A TRAVÉS DO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN, PARA
PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE O INCIO

DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI
1. OBXECTO.
As presentes bases específicas complementan as bases xerais. Ámbalas dúas bases establecen as normas para a selección de persoal provisional ou temporal.
2. FUNCIÓNS.
Aquelas que corresponden á categoría profesional de Persoal de Apoio do PAI, conforme ao establecido no Regulamento de Organización e Funcionamento do Punto de Atención á Infancia do Concello de O Incio.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/08/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data01/08/2018

Conteggio pagine19

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni