Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/10/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

6

Núm. 240 venres, 19 de outubro de 2018

BOP de Lugo
As facturas deberán conter un desglose dos artigos subministrados, servizos prestados incluindo os prezos descompostos. No caso de facturas de mais de 2.500 euros deberán xustificarse a realización da transferencia bancaria.
No caso de recibos a nomes de persoas ou outros documentos de valor probatorio deberán vir acompañados da acreditación documental do perceptor das cantidades e dos servizos ou traballos realizados, igualmente deberán acompañarse de ser posible de actas, publicacións ou similares xustificativas das cantidades satisfeitas e perceptores das mesmas. No caso de que estas cantidades superen os 300 € deberán xustificar o cumprimento da normativa tributaria.
c Declaración responsable conforme o modelo do ANEXO VII destas bases.
d Certificacións acreditativas de atoparse ao corrente das obrigas tributarias fronte á Axencia Estatal da Administración Tributaria, á Facenda Autonómica, á Tesourería Territorial da Seguridade Social A comprobación do cumprimento de atoparse ó corrente coas obrigas tributarias co Concello de Lugo realizarase de oficio polo Concello previa autorización.
e Declaración responsable, se fose necesario, de que actividade, programa, obxectivo para o que se concedeu a subvención vaise continuar desenvolvendo ata o día 31 de decembro do ano en curso; é dicir, que se van continuar cumprindo coas condicións impostas na concesión da subvención ata o día último día do presente exercicio económico ANEXO VIII.
f No caso de que entre o orzamento presentado no seu día e que foi obxecto de avaliación para a concesión da subvención e o realmente executado existan diferenzas, deberase achegar un informe explicativo destas, segundo os modelos que figuran nestas bases como ANEXO V para actividades e ANEXO VI para mantemento e deberá xustificarse a inexistencia de superávits de explotación.

A entidade beneficiaria deberá xustificar o gasto correspondente ao importe da subvención concedida mais o 5
% do custo total do proxecto presentado e orzamentado no seu día, dito 5% refírese ao 5% do orzamento da actividade presentada, con independencia do gasto efectivo total devengado, por canto ten incidencia na valoración da actividade.
Artigo 12. Data límite para xustificar A data límite para xustificar a totalidade da subvención concedida será a do 30 de decembro do exercicio económico de 2018.
No caso de que a documentación presentada en prazo teña dalgún defecto ou sexa incompleta, formularase o correspondente requirimento para que a entidade beneficiaria, no prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, conforme o artigo 68 da Lei 39/2015. No caso de que non cumpra o dito requirimento, incoarase expediente de anulación do correspondente compromiso de aprobación da autorización e disposición de gasto e a esixencia de reintegro, de ser o caso.
En caso de que a entidade beneficiaria non presente os documentos xustificativos da realización da actiividade subvencionada antes do prazo antes sinalado requiriráselle para que, no prazo improrrogable de 15 días hábiles, presente a dita xustificación conforme o establecido no artigo 70. 3 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións sen perxuizo das sancións que correspondan.
A presentación da xustificación neste prazo adicional de quince días non eximirá á entidade beneficiaria da imposición das sancións que correspondan.
Non se realizarán pagos a conta nin anticipados.
O pagamento da subvención realizarase mediante transferencia bancaria a conta facilitada polo perceptor da subvencion.
O prazo máximo de pagamento será de trinta días a contar dende a contabilización da resolución pola que se produza o recoñecemento da obriga, agás circunstancias extraordinarias que deberán acreditarse no expediente e que poidan xustificar a ampliación deste prazo.
Artigo 13. Obrigas das persoas ou entidades beneficiarias Serán obrigas das asociacións ou entidades beneficiarias das axudas as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 11 da Ordenanza municipal de subvencións e ademais:
- A presentación da programación das actuacións, así como a publicidade, a difusión, o soporte informático, as publicacións, etc., deberán figurar en idioma galego.
- Non modificar a programación das actividades que se subvencionen sen coñecemento e autorización expresa e previa do Concello.

Anuncio publicado en: Num BOP 240 año 2018 19/10/2018
18/10/2018 08:00:00
11:55:07

Artigo 11. Contía para xustificar

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/10/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data19/10/2018

Conteggio pagine54

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031