Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/10/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 18 DE OUTUBRO DE 2018

N.º 239

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E
MINAS
Anuncio
En cumprimento do disposto no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta, do 13 de setembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais da modificación do parque eólico Neda, emprazado nos concellos de Abadín e da Pastoriza Lugo e promovido pola sociedade Norvento, SL LU-11/124-EOL.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2018
O director xeral de Enerxía e Minas Ángel Bernardo Tahoces ANEXO
Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de setembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais da modificación do parque eólico Neda, emprazado nos concellos de Abadín e da Pastoriza Lugo e promovido pola sociedade Norvento, SL LU-11/124-EOL.
Examinado o expediente iniciado por solicitude de NORVENTO, SL en relación coa declaración de utilidade pública, en concreto, da modificación do parque eólico Neda, constan os seguintes ANTECEDENTES DE FEITO
Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia DOG nº 248, do 28 de decembro, admitiuse a trámite o parque eólico Neda en adiante o parque eólico cunha potencia de 33 MW e promovido por Norvento, SL en adiante o promotor.
Segundo. O 30.12.2010, o promotor solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración, en concreto, de utilidade pública para o parque eólico. Posteriormente, o 27.06.2011, o promotor solicitou a aprobación do proxecto sectorial do parque eólico.
Terceiro. O 20.03.2013 a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria en adiante a xefatura territorial informou que a área definida pola poligonal do parque eólico presenta superposición coa solicitude do permiso de investigación Santa Fe nº 5891. Mediante oficio da mesma data, a xefatura territorial deulle trámite de audiencia ao solicitante do mencionado permiso de investigación, sen que se tivese recibido resposta.
Cuarto. O 07.05.2014 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a Declaración de Impacto Ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 7 de xullo de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas DOG nº 81 do 28.04.2016.
Quinto. O 15.06.2015, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe previsto na Lei 8/2009, do 22 de decembro , pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Anuncio publicado en: Num BOP 239 año 2018 18/10/2018
17/10/2018 08:00:00
14:49:33

Resolución do 24 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta, do 13 de setembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais da modificación do parque eólico Neda, emprazado nos concellos de Abadín e da Pastoriza Lugo e promovido pola sociedade Norvento, SL
LU-11/124-EOL.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/10/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data18/10/2018

Conteggio pagine44

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031