Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/10/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 8 DE OUTUBRO DE 2018

N.º 231

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución de 14 de setembro de 2018 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo. expediente IN407A 2018/8628-AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Solicitante: BEGASA
- Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo - Denominación: LMTS, centro de seccionamento DITRAM, A Campiña e LBT para SS.AA-NS52216

- Características técnicas:

Liña de Media Tensión soterrada a 20 kV baixo tubo, cunha lonxitude de 271 m, con orixe no Centro de Seccionamento proxectado DITRAM, condutor tipo RHZ1 240, e final no C.T. Hotel Campiña 1693.

Centro se Seccionamento en edificio prefabricado de superficie, con dúas celas de liña e unha de protección de tipo modulares.

Liña de Baixa Tensión soterrada, con orixe na LBT existente do CT Hotel Campiña 1693, cunha lonxitude de 15 m en condutor tipo RV, e final no CS proxectado DITRAM.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, BOE núm. 310 do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE nº 310, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción D.O.G. núm. 54 de 19 de marzo, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28
de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da fecha da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empleo e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito Lugo, 14 de setembro de 2018.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
R. 2717

Anuncio publicado en: Num BOP 231 año 2018 08/10/2018
04/10/2018 08:00:00
13:30:55

- Situación: concello de Lugo

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/10/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data08/10/2018

Conteggio pagine30

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni