Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/10/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 31 DE OUTUBRO DE 2018 N.º 250

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA.
SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
María Carmen Sixto García e José Ramón Sixto García solicitan de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.57975.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Alfoz ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 16 de outubro de 2018.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 2976

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 15 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto do parque eólico Neda Expediente LU-11/124-EOL.
Por resolución do 10 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de xuño de 2016, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico de Neda emprazado nos concellos de Abadin e Pastoriza promovido pola sociedade Norvento SL e por Resolución do 24 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de setembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais, da modificación do parque eólico Neda.
Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 56 da Lei 24/2013, de 26 de decembro do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.
Por razón do exposto, esta Xefatura Territorial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convocar aos titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan o vindeiro 23 de novembro no Concello de Abadín, 23 e 26 de novembro no Concello de A Pastoriza, como punto de reunión, para levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.
Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse dos seus peritos e un notario, se o estiman oportuno, con gastos á súa costa.

Anuncio publicado en: Num BOP 250 año 2018 31/10/2018
30/10/2018 08:00:00
11:42:11

As obras solicitadas consisten no acondicionamento do predio situado nas parcelas 20, 21 e 22 do polígono 1
do Acordo da Concentración Parcelaria do Val de Alfoz, no lugar de Penido, na parroquia do Reirado, no concello de Alfoz Lugo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/10/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data31/10/2018

Conteggio pagine25

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031