Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/10/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 19 DE OUTUBRO DE 2018

N.º 240

CONCELLOS
LUGO
Anuncio Por medio do presente faise público que a Xunta de Goberno Local, na sesión ORDINARIA celebrada o día 10 de OUTUBRO de 2018, adoptou, entre outros, o acordo número 13/576, polo que se ACORDA:
PRIMEIRO.- Que se proceda á convocatoria para o exercicio 2018 de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido dos servizos sociais para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial e para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas nas que se levan a cabo estes programas e actividades de conformidade coas bases establecidas neste procedemento de concorrencia competitiva.

TERCEIRO.- Que se proceda á aprobación das correspondentes bases; esta convocatoria rexerase polo establecido nas seguintes BASES XERAIS REGULADORAS DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS E
PERSOAS XURÍDICO-PRIVADAS SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE DESENVOLVEN A SÚA ACTIVIDADE NO EIDO DOS
SERVIZOS SOCIAIS , PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES DE INTERESE XERAL E
SECTORIAL E PARA O MANTEMENTO, CONSERVACIÓN E PEQUENAS REPARACIÓNS DAS INFRAESTRUTURAS NAS
QUE SE LEVAN A CABO ESTES PROGRAMAS E ACTIVIDADES. EXERCICIO ECONÓMICO 2018.
Artigo 1. Obxecto e finalidade Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións por parte dos Concello de Lugo, no eido dos servizos sociais, a entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento, durante o exercicio económico de 2018, de programas e actividades que beneficien a colectivos do termo municipal de Lugo que se encontren en situación de desvantaxe, así como para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas nas que se levan a cabo os ditos programas e actividades.
Existen pois dúas liñas de subvención:
a Para desenvolvemento de programas e actividades b Para mantemento, conservación e pequenas reparacións de infraestructura.
Só se recibirá subvención para unha única liña de subvención de xeito que de solicitarse para as dúas coa correspondente presentación dos Anexos II e III o órgano municipal competente decidirá cal é a liña que recibirá, se é o caso, subvención.
Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, xeral de subvencións, a Ordenanza xeral municipal reguladora da concesión de subvencións, as bases de execución do orzamento e demais normativa legal de aplicación.
Artigo 2. Requisitos para ser Entidades beneficiarias de subvención.
Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións ou entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:
a Estar legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo. Con carácter excepcional, tamén poderán incluírse aquelas entidades foráneas que pretendan executar, dentro deste termo municipal, un proxecto para o desenvolvemento de accións ou actividades que beneficien as veciñas e veciños de Lugo que se encontren en situación de desvantaxe. Este punto acreditarase a través dunha memoria que se achegue para os efectos.
b Figurar inscritas no Rexistro municipal de Asociacións do Concello de Lugo ou no seu caso no Rexistro público de Fundacións ou calquera outro rexistro público que proceda.
c Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social. No momento da solicitude da subvención, este aspecto poderá quedar acreditado para estes efectos, coa
Anuncio publicado en: Num BOP 240 año 2018 19/10/2018
18/10/2018 08:00:00
11:55:07

SEGUNDO.- Aprobar o gasto de 38.000 € a que ascende o importe total das subvencións que se outorgarán por parte dos servizos sociais con cargo á aplicación orzamentaria 23179.48900 RC 93361/2018

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/10/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data19/10/2018

Conteggio pagine54

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031