Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/10/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 13 DE OUTUBRO DE 2018

N.º 235

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución de 28 de setembro de 2018 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Láncara. expediente IN407A 2017-89-2-8563-AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Solicitante: GANADERÍA RIVAS GÓMEZ S.C.
- Domicilio social: Toirán, 2, Láncara - Denominación: modificado do proxecto de LMTA LMTS CTA para granxa no lugar de Sebrín-Toirán O Salvador
- Características técnicas:
LMT aérea a 20 KV con orixe no apoio anterior existente ao CT Sebrín propiedade de Union Fenosa e final no apoio proxectado nº1, tipo HV-1000/13, cunha lonxitude de 10 metros en conductor tipo LA-56.
LMT aérea a 20 KV con orixe no apoio proxectado nº1 tipo HV-1000/13 no cal se instala un interruptor telecontrolado e final no apoio proxectado nº2 tipo HV-1000/13, no cal se realiza un paso aéreo a soterrado, cunha lonxitude de 96 metros en conductor tipo LA-56.
LMT soterrada a 20 KV con orixe no apoio proxectado nº2 tipo HV-1000/13 e final no CTI proxectado sobre apoio de formigón tipo HV-1000/11, cunha lonxitude de 1.088 metros en conductor tipo RHZ1-95.
CTI proxectado sobre apoio de formigón tipo HV-1000/11, cunha potencia proxectada de 100KVAS e unha realación de transformación de 20.000/400-230V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, BOE núm. 310 do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE nº 310, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción D.O.G. núm. 54 de 19 de marzo, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da fecha da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empleo e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Anuncio publicado en: Num BOP 235 año 2018 13/10/2018
11/10/2018 08:00:00
13:19:22

- Situación: concello de Láncara

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/10/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data13/10/2018

Conteggio pagine15

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031