Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/10/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 240 venres, 19 de outubro de 2018

BOP de Lugo
A cantidade para outorgar a cada entidade será a resultante de multiplicar o valor punto polo número de puntos obtidos por esta, sen que poida superar individualmente os 3.500 €.
Se a cantidade resultante desta operación fose superior á subvención solicitada e subvencionable, concederáselle esta última. O importe sobrante distribuírase con idéntico criterio.
Artigo 9. Gastos subvencionables 1. Considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen con anterioridade á finalización do período de xustificación.
2. Serán subvencionables os gastos correntes necesarios para o desenvolvemento da actividade, tales como:
alugamentos, gastos de transporte, gastos de pequena reparación, mantemento e conservación de bens propios ou alugados, adquisición de material non inventariable, subministracións gas, electricidade, teléfono, combustible vestiario, produtos alimenticios, sanitarios, prestación de servizos culturais e outros gastos diversos como publicidade, imprenta, etc.
En todo caso as facturas que se aporten aos efectos de xustificar o importe da subvención concedida e referentes a gastos de combustible ou teléfono deberán ser identificadas a nome da entidade beneficiaria da subvención, ademáis no caso de combustible deberá presentarse documentación adicional que permita a identificación do vehículo asi como a súa titularidade pola asociación ou entidade beneficiaria, a vinculación coa actividade subvencionada e a aplicación, íntegra ou parcial, do gasto á actividade ou programa subvencionado .
No referente aos gastos de aloxamento e desprazamento deberá identificarse persoas usuarias, motivo, lugar e vinculación coa actividade ou programa subvencionado.
3. Tamén serán subvencionables os gastos de persoal necesario para o desenvolvemento dos programas e actividades subvencionadas, ata un máximo do 30% do importe da subvención concedida.
4. As axudas de custo ou indemnizacións por razón do servizo terán como límite o 5% do importe da subvención concedida.

-

Os gastos de bebidas alcohólicas ou calquera outro produto que sexa prexudicial para a saúde.

-

Os gastos de investimento, tales como adquisición, construción e reforma de bens inventariables.

-

Os xuros debedores de contas bancarias, xuros, recargas e sancións administrativas e penais e os gastos de procedementos xudiciais.

-

Os gastos de degustación gastronómica de calquera tipo. Terá esta consideración a organización de comidas, catering ou ceas.

-

As dietas xenéricas nas que non se xustifique axeitadamente a vinculación directa coa actividade ou proxecto obxecto da subvención .

Artigo 10. Xustificación do gasto e pagamento da subvención Concedida a subvención, e para proceder ao seu cobro, as entidades beneficiarias deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello de Lugo dirixido aos Servizos Sociais Municipais ou ben por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,a seguinte documentación acreditativa da realización da actividade, proxecto, obxectivo ou adopción do comportamento:
a Memoria explicativa e detallada, deberá conter un contido amplio que permita a verificación da realización da totalidade da acción subvencionada,segundo os modelos que figuran nestas bases como o ANEXO V para actividades e o ANEXO VI para mantemento. Deberase acompañarse e acreditarse con actas ou publicacións, reportaxes gráficos ou similares de xeral difusión folletos, carteis, libros, vídeos, CD-ROM, etc., que se editasen ou publicasen en relación coa dita actividade.
No caso de que se xustifique a través de gastos de desprazamento/aloxamento deberá especificarse as persoas usuarias, motivo, lugar e vinculación coa actividade ou programa subvencionado. No caso de que se xustifiquen gastos de combustible deberá acreditarse a relación deste gasto coa actividade subvencionada e coa entidade beneficiaria da subvención identificación do vehículo así como a súa titularidade e a aplicación íntegra ou parcial do gasto á actividade ou programa concreto subvencionado.
b Facturas orixinais e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil e con eficacia administrativa incorporados, deberán axustarse a normativa legal e fiscal vixente Real Decreto 1496/2003, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do IVE, BOE de 29 de novembro de 2003 que se validarán e selarán cun selo existente para o efecto, no que conste que a factura ou documento se aplica á xustificación na porcentaxe que corresponda en cada casoda subvención concreta, de conformidade co que se estableza nas bases de execución do orzamento.

Anuncio publicado en: Num BOP 240 año 2018 19/10/2018
18/10/2018 08:00:00
11:55:07

5. Non serán subvencionables:

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/10/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data19/10/2018

Conteggio pagine54

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031