Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/10/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 6 DE OUTUBRO DE 2018

N.º 230

CONCELLOS
FOLGOSO DO COUREL
Anuncio Por Decreto da Alcaldía nº 201 de 26/09/2018 resolveuse aprobar a convocatoria para o presente exercicio de 2018 das subvencións en réxime de concorrencia non competitiva que se rexerán pola bases reguladoras que constan nas Bases de Execución do Orzamento de 2018 e que son as seguintes:
BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS PARA A CELEBRACIÓN DE
FESTAS PARROQUIAIS, ANO 2018

Estas normas teñen por obxecto establecer os criterios e os procedementos para a concesión de subvencións municipais do Concello de Folgoso do Courel, para a colaboración do Concello na celebracións das festas parroquiais ao abeiro do artigo 25.2 m da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local na redacción dada pola Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade da Administración Local: promoción da cultura.
Os principios ós que se suxeitarán os procedementos de outorgamento de subvencións son os seguintes:
publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, eficacia, eficiencia, voluntariedade e non vinculación para futuras subvencións.
A presentes bases teñen por obxecto regular o establecemento de axudas económicas para a celebración das festas parroquiais en réxime de concorrencia non competitiva de acordo co artigo 19.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2.- BENEFICIARIOS
Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria tódalas parroquias e lugares do Concello de Folgoso do Courel que promovan festas populares, actuando como representantes os organizadores das mesmas e que cumpran as seguintes condicións:
a Carácter tradicional dos actos para os que solicita a axuda e que conten coas autorizacións necesarias ou presentación de comunicacións previas para a súa celebración.
b Non ser debedor do Concello por calquera tipo de débeda de dereito público.
c Estar ao corrente das obrigas tributarias coa administración Estatal, autonómica e coa Seguridade Social.
d Non estar incurso en ningunha causa de incompatibilidade ou prohibición das mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003 e concordantes da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia As/os beneficiarias/os terán as seguintes obrigas co Concello de Folgoso do Courel:
1. Cumprir o obxectivo, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da axuda de acordo coa memoria presentada. A subvención deberá ser destinada exclusivamente ós fins para os que foi concedida, quedando expresamente prohibida calquera alteración de destino non autorizada polo Concello.
2. Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, aportando, para elo, canta información lles sexa requirida.
3. Facer constar, naquelas actividades subvencionadas, que as mesmas contan con subvención do Concello de Folgoso do Courel, coa expresión Colabora Concello de Folgoso do Courel.
4. Comunicar ó Concello a obtención doutras subvencións de calquera entidade pública ou privada.
3.- CRÉDITO ORZAMENTARIO E CONTÍA DAS AXUDAS
O importe de cada subvención non poderá superar os 100,00 € por festa, e os 500,00 € no caso das celebradas nos dous núcleos de maior entidade: Folgoso do Courel e Seoane do Courel.

Anuncio publicado en: Num BOP 230 año 2018 06/10/2018
04/10/2018 08:00:00
14:00:32

1.-OBXECTO E FINALIDADE DAS AXUDAS

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/10/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data06/10/2018

Conteggio pagine26

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni