Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/10/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 239 xoves, 18 de outubro de 2018

BOP de Lugo
informes emitidos o 20.03.2013 e o 02.06.2016. Nestes informes, recollíase que a área definida pola poligonal do parque eólico presenta superposición coa solicitude do permiso de investigación Santa Fe nº 5891.
Enténdese que o permiso de investigación solicitado non se trata dun dereito consolidado polo que non procede efectuar o trámite de compatibilidade establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Cuarto. No que respecta ás alegacións ás que fai referencia o antecedente de feito décimo terceiro, a continuación resúmese o seu contido:
1. Na alegación da comunidade de Abedeledo, comunicase un erro na identificación da persoa que ostenta a súa presidencia e achéganse os datos correctos.
2. Maniféstanse erros na titularidade e no tipo de cultivo nunha das parcelas afectadas.
3. Alégase que o incremento nas afeccións supón maiores prexuízos para os propietarios, os cales non se van a ver compensados con ningunha indemnización que podan obter.
4. Maniféstase que a limitación nos aproveitamento forestais das parcelas supón a perda de rendibilidade da superficie afectada.
En vista do contido das alegacións indicadas e das respostas efectuadas polo promotor cómpre manifestar o seguinte:
1. No que respecta ás alegacións relacionadas coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, así como coa magnitude das afeccións, compre indicar que se tomou razón destas manifestacións e dos documentos presentados polas persoas interesadas. Non obstante, corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características localización, extensión, tipo de aproveitamento así como das afeccións reais do proxecto sobre eles. No caso de que non se chegase a un acordo entre o promotor eólico e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións da modificación do parque eólico Neda, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación aos efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 BOE nº 351, do 17 de decembro.
Segundo. Declarar a prevalencia da utilidade pública do parque eólico Neda sobre o interese xeral dos aproveitamentos forestais afectados, en conformidade co informe da Dirección Xeral de Ordenación Forestal do 30.07.2018, ao que fai referencia o artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.
Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.
R. 2834

Anuncio Resolución do 26 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da ampliación da capacidade de almacenamento da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado GNL para subministración a Sarria Lugo, promovida pola empresa Nedgia Galicia, S.A.
expediente IN627A 2018/57-0.
Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Anuncio publicado en: Num BOP 239 año 2018 18/10/2018
17/10/2018 08:00:00
14:49:33

De acordo con todo o que antecede o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte ACORDO

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/10/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data18/10/2018

Conteggio pagine44

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031