Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/10/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

26

Núm. 237 martes, 16 de outubro de 2018

BOP de Lugo
Secretaria: o/a secretario-interventor do Concello.
6.3. Posteriormente á proposta informada pola Comisión de Valoración de Subvencións, a proposta pasará á Intervención Municipal para súa fiscalización.
Informada a proposta pola Intervención, o Alcalde concederá as subvencións mediante resolución na que se especifique a relación de solicitantes ós que se conceden as subvencións e a desestimación das restantes solicitudes. O prazo máximo para resolver será de quince días hábiles contados a partir da finalización do prazo de solicitude das subvencións.
O outorgamento das subvencións notificarase ós interesados de acordo co establecido nos artigos 40, 41, 42, 43 e 44 da Lei 39/2015. A resolución da concesión farase pública, como mínimo, mediante exposición pública no taboleiro de anuncios municipal durante un prazo dun mes.
Tendo en conta que a obtención concorrente de subvencións doutras Entidades públicas ou privadas en ningún caso poderá superar o custo da actividade, de ser así, este feito daría lugar a unha modificación da resolución da concesión.
7.- OBRIGAS DO BENEFICIARIO
Os beneficiarios das subvencións terán que aterse ás seguintes obrigas:
1. O/A neno/a nacido/a debe permanecer inscrito/a no padrón polo prazo mínimo de dous 2 anos.
2. Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, aportando, para elo, canta información lles sexa requirida.
3. Comunicar ó Concello a obtención doutras subvencións de calquera entidade pública ou privada para a mesma finalidade.

A xustificación, que será baixo a responsabilidade do declarante, farase coa presentación no Rexistro de Entrada do Concello, como máximo o día 30 de novembro, do modelo normalizado de solicitude de pagamento que se facilitará no Concello.
O pagamento da subvención concedida farase efectivo antes do 31 de decembro do 2018.
9.- REINTEGRO DA SUBVENCIÓN
O incumprimento do deber de que o/a neno/a figure empadroado/a no municipio dará lugar á obriga do reintegro das cantidades recibidas.
As cantidades a reintegrar terán a consideración de créditos de dereito público, resultando de aplicación para a súa cobranza o previsto no Regulamento Xeral de Recadación.
10.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto no Título IV da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
Para o non previsto nestas bases será de aplicación o disposto na Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, así como as Bases 44 a 51 das de Execución do Orzamento Xeral do Concello de Xermade para o ano 2018.
Xermade, 3 de outubro de 2018.- Roberto García Pernas.
R. 2848

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 237 año 2018 16/10/2018
15/10/2018 08:00:00
14:59:19
15:29:04

8.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/10/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data16/10/2018

Conteggio pagine26

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031