Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/10/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

27

Núm. 234 xoves, 11 de outubro de 2018

BOP de Lugo
FRIOL
Anuncio Polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 27 de setembro de 2018, prestouse aprobación ao expediente de modificación de créditos número 6/2018, terceiro de competencia do Pleno, para créditos extraordinarios e suplementos de crédito, dentro do vixente orzamento municipal, e por un importe de douscentos setenta e cinco mil euros 275.000,00.-, con cargo ao Remanente líquido de Tesourería dispoñible do exercicio anterior na data de aprobación deste expediente, para investimentos financeiramente sostibles e outras necesidades.
Modifícase o Anexo de inversións e o que contén a relación de subvencións nominativas da vixente Base 13 das Bases de Execución do Orzamento.
Cumprindo o disposto no artigo 177.2 en relación co 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ao público polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría do Concello, co fin de que durante o mesmo que se contará a partir do seguinte ao da inserción do Edicto no Boletín Oficial da Provincia poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, que se deberán dirixir ao Alcalde-Presidente do Concello.
Friol, 28 de setembro de 2018.- O Alcalde, José Ángel Santos Sánchez.
R. 2779

PANTÓN
Anuncio Pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o día 28 de setembro de 2018, prestouse aprobación inicial os seguintes Padróns, correspondentes ó 4º bimestre do ano 2018:

-Padrón da taxa por recollida do lixo.
-Padrón da taxa de alcantarillado.
-Padrón da taxa de axuda no fogar, mes de agosto.
Por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuintes obrigados ó pago das taxas antes indicadas, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ó obxecto de que poidan ser examinados e presentalas reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formula ningunha reclamación contra os mesmos ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recaudación, aprobado polo Real Decreto 1684/1990, de 20 de decembro, na súa modificación dada polo Real Decreto 448/1995, de 24 de marzo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario para os Padróns citados, o comprendido entre os días 15 de outubro de 2018 e o 14 de decembro de 2018, ambos inclusive.
Para o cobro dos mesmos, os contribuintes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, para ditos Padróns o día 15 de novembro, data na que deberán ter saldo suficiente.
O resto dos contribuíntes deberán acudir ás Oficinas Municipais, onde se lles facilitarán os correspondentes recibos para efectuar dito pago.
Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina o devengo do recargo de apremio, xuros de demora e custos que se produzan, de acordo co establecido no artigo 127 da Lei Tributaria, redactado conforme á Lei 25/1995, de 20 de xullo, procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ó público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ó amparo do establecido no artigo 124 da Lei Xeral Tributaria.
Pantón, 2 de outubro de 2018.- O Alcalde Presidente, José Luis Álvarez Blanco.
R. 2777

Anuncio publicado en: Num BOP 234 año 2018 11/10/2018
10/10/2018 08:00:00
13:36:42

-Padrón da taxa por abastecemento de auga e I.V.E. Sobre o seu consumo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/10/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data11/10/2018

Conteggio pagine29

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031