Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/10/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 231 luns, 8 de outubro de 2018

BOP de Lugo
ORDENANZA FISCAL DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.
FUNDAMENTO LEGAL.
Art. 1º.De conformidade co disposto no artigo 60.2 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, se establece o Imposto sobre as construcións, Instalacións e Obras.
NATUREZA E FEITO IMPOÑIBLE.
Art. 2º.O Imposto sobre Construcións, e obras é un Tributo indirecto sobre cuxo feito impoñible está constituído pola realización, dentro do termo municipal de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivésese ou non a devandita licenza, ou para a que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou actividade de control corresponda ao Concello de Burela.
SUXEITOS PASIVOS
Art. 3º.1º.- Son suxeitos pasivos deste imposto a título de contribuínte:
As persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se realicen as construcións, instalacións ou obras sempre que sexan donos das obras.
Quen obstante a condición de dono da obra nos demais casos.

BASE IMPOÑIBLE COTA E DEVEÑO
Art. 4º.1.- A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, entendendo por tal, a estes efectos, o custe de execución material de aquela.
Non forman parte da base impoñible o Imposto sobre o Valora Engadido e demais impostos análogos propios de rexímenes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público relacionadas, no seu caso, coa construcións, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre estritamente o custe de execución material.
2.- No caso de construcións, instalacións ou obras, suxeitas a réxime de licenza de acordo coa normativa urbanística en vigor na comunidade autónoma de Galicia, a base imposible verá determinada polo orzamento de execución material.
3.- Para o cálculo da base impoñible a determinar no caso de construcións, instalacións ou obras, suxeitas ao réxime de declaracións responsable ou comunicación previa de acordo co previsto na normativa urbanística en vigor na comunidade autónoma de Galicia, será determinada polo Departamento de Urbanismo tomando como referencia o anexo I desta ordenanza.
4.- A cota deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
5.- O tipo de gravame será o dous por 100
6.- O imposto devéñase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda non se obtivo o correspondente título habilitante.
XESTIÓN.
Art. 5º.1. No caso de construcións, instalacións e obras para cuxa realización esixir a presentación de declaración responsable ou comunicación previa, establécese o réxime de autoliquidación do imposto. Nestes supostos os suxeitos pasivos están obrigados a presentar a autoliquidación no modelo facilitado pola Administración, xunto co xustificante de ingresar nas contas municipais a cota resultante, no momento de presentación da comunicación previa. Cando non se presentou comunicación previa, a autoliquidación e o xustificante de ingreso, presentarase no prazo de 15 días hábiles desde inicio da construción, instalación e obra. O resultado da autoliquidación será o resultado de aplicar o tipo de gravame á base impoñible.
O servizo de urbanismo encargado da tramitación dos expedientes determinará posteriormente a correcta determinación da base impoñible no momento de declararse como conforme a comunicación previa ou declaración responsable de obras menores, procedendo á confección dunha proposta de liquidación
Anuncio publicado en: Num BOP 231 año 2018 08/10/2018
04/10/2018 08:00:00
13:30:55

2º.- Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quen soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construcións, instalacións ou obras, si non fosen os propios contribuíntes.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/10/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data08/10/2018

Conteggio pagine30

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni