Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/10/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

26

Núm. 230 sábado, 6 de outubro de 2018

BOP de Lugo
4º.- Forma e prazo de presentación de solicitudes.
As solicitudes das persoas interesadas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2005, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 15 DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto destas no BDNS, que tamén se publicarán no Boletín Oficial da Provincia e se inserirán no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina web do Concello, acompañada dos documentos e informacións que procedan.
5º.- Procedemento.
O procedemento para a concesión das subvencións previstas nestas bases axustarase ao establecido nos artigos 28, 29 e 30 da Ordenanza municipal de Subvencións .
6º.- Criterios de valoración.
O único criterio de valoración será a contía da renda per cápita neta anual familiar referidos no punto 3.2.
7º.- Xustificación do gasto Unha vez ditada a resolución pola que se concede a axuda, procederase á entrega do vale para libros, durante 10 días hábiles, despois da presentación da certificación onde conste que o/a alumno/a está matriculado/a para o curso 2018/2019, coa indicación do curso e do centro docente.
As librerías onde se merquen os libros e material escolar presentarán no Rexistro Xeral do Concello escrito de presentación xunto a:
- Albará do material mercado con cada vale, detallando o material ou libros mercados, con indicación do curso ao que fai referencia, así como o nome e os datos da persoa solicitante.

- Factura individualizada a nome de cada persoa beneficiaria. No caso que a persoa beneficiaria teña concedida mais dunha axuda poderase presentar factura única.
8º.- Revogación A adxudicación das axudas será revogada totalmente no caso de que se comprobase que na súa concesión concorreu ocultación ou falsidade de datos, ou que existen incompatibilidades con outros beneficios desta clase procedentes doutras persoas físicas ou xurídicas.
LUGO, 27 de setembro de 2018.- O Tenente de Alcalde Delegado da Área de Educación e Infraestructuras Urbanas, Manuel Núñez López.
R. 2730

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 230 año 2018 06/10/2018
04/10/2018 08:00:00
14:00:32

- Os vales de desconto emitidos pola Área de Educación, indicando o nome, apelidos, firma e DNI da persoa solicitante.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/10/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data06/10/2018

Conteggio pagine26

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni