Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/08/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 179 luns, 6 de agosto de 2018

BOP de Lugo
CERVANTES
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Aprobabos por Decreto de Alcaldía de data 30 de xuño de 2018, os padróns que a continuación se relacionan, se expoñen ao público polo prazo de quince días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia de Lugo:
- Taxa polo servizo de recollida domiciliaria do lixo 2º trimestre de 2018.
- Taxa polo servizo de subministro domiciliario de auga potable e canon da auga 2º trimestre de 2018.
Recursos: Contra o acordo da aprobación dos padróns se poderá interpor recurso de reposición.
Prazo de presentación do recurso: un mes contado dende o día inmediato seguinte ao do término do período de exposición ao público dos padróns.
Órgano ante o que se recorre: Alcalde do Concello de Cervantes.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formulen poderán interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda Consellería de Facenda no prazo dun mes desde que se entenda producida a notificación mediante o padrón.
ANUNCIO DE COBRANZA
Para o cobro dos mesmos, os recibos seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, e fíxase como período de cobro voluntario o prazo de dous meses, contados a partir do periódo de exposición pública. Finalizado o exercicio pasarase o seu cobro pola vía de constrinximento, cos recargos previstos no artigo 28 da Lei 58/2003
de 17 de decembro, Facenda Pública, Lei Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma.
Deputación Provincial de Lugo.
A falta de pagamento do canon de auga no período voluntario suporá a esixencia directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ó público do padrón e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ó amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria.
Cervantes, 23 de xullo de 2018.- O alcalde, Benigno Gómez Tadín R. 2150

Anuncio O Pleno do Concello de Cervantes, en sesión ordinaria celebrada o día 26 de xullo 2018 acordou a aprobación inicial do expediente de modificación de créditos n.º 7/2018 baixo a modalidade de crédito extraordinario e suplemento de crédito financiado con cargo ao remanente de tesourería para gastos xerais e baixas doutras partidas polo importe de 73.320,97 € .
O expediente exponse ao público polo prazo de quince días, na Secretaría deste Concello, a fin de que durante o mesmo que empezará a contarse desde o día seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, podan formularse as reclamacións e suxestións que se estimen oportunas, as que deberán ser dirixidas ó Sr. Alcalde-Presidente deste Concello.
De conformidade co acordo adoptado, o expediente considerase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentan alegacións.
Cervantes, 30 de xullo de 2018.- O alcalde, Benigno Gómez Tadín R. 2187

FOZ
Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 19 de xullo de 2018, aprobáronse os Padróns do Prezo Público pola prestación do servizo de axuda no fogar dos meses de maio e xuño de 2018, así como a apertura dun período de información pública por prazo de vinte días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/08/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/08/2018

Page count5

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions