Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 3 DE AGOSTO DE 2018

N.º 177

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE INNOVACIÓN, PARTICIPACIÓN CIDADÁ, MOCIDADE E DEPORTES
Anuncio BASES DA CONVOCATORIA DA ÁREA DE INNOVACIÓN, PARTICIPACIÓN CIDADÁ, MOCIDADE E DEPORTES
DA DEPUTACIÓN DE LUGO QUE REXERÁN A CONCESIÓN DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA
PROVINCIA DE LUGO, DISCIPLINA AUTOMOBILISMO, ESPECIALIDADE RALLY DE ASFALTO, TERRA OU
MONTAÑA NA ANUALIDADE 2018
Para impulsar a práctica deportiva, a Presidencia da Deputación, a través da Área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes, convoca bolsas para a promoción e difusión do deporte, sendo consciente das dificultades dos e das deportistas lucenses de modalidades individuais, -especialmente nas etapas de iniciaciónpara progresaren na súa formación integral.
Nesa perspectiva é na que se insire o presente programa de bolsas a deportistas individuais, de conformidade co disposto na Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/07, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na Ordenanza Xeral de Subvención da Deputación de Lugo.
PRIMEIRO.- OBXECTO
Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para o outorgamento de bolsas para deportistas individuais da provincia de Lugo, anualidade 2018, destinadas a deportistas individuais da disciplina automobilismo, especialidade rally de asfalto, terra ou montaña.
RÉXIME DA CONVOCATORIA
As bolsas para deportistas individuais da provincia de Lugo na anualidade 2018, teñen por obxecto a cobertura de custos código obxecto 3, articularanse na modalidade bolsas código instrumento axuda SUBV sen contraprestación en réxime de concorrencia competitiva, sendo esta un tipo de subvención non cualificable como axuda de Estado a empresa código tipo de subvención 1, encadrada dentro do sector económico das actividades deportivas código sector económico 93.1 cunha finalidade de promoción deportiva código finalidade 18, non prevendo unha eliminación ou diminución das desigualdades detectadas código do impacto de xénero 1.
Pódese consultar a Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Lugo na web desta entidade local, en concreto na seguinte dirección:
http run.gob.es/owqlth SEGUNDO.- DESTINATARIOS
Poderán ser beneficiarios das bolsas da presente convocatoria as persoas físicas que sexan deportistas federados nalgunha das federacións oficiais de automobilismo, de calquera categoría, e exclusivamente de modalidades de rally de asfalto, terra e montaña, de nacionalidade española ou residentes legais en España, que cumpran cos seguintes requisitos:
A.

REQUISITOS PERSOAIS

1.
Ter residencia en calquera dos municipios da provincia de Lugo, e por tanto, estar empadroado/a nalgún municipio da provincia de Lugo, dentro do prazo de presentación de solicitudes e como mínimo con alta no respectivo padrón a data 1/01/2017.
2.
Posuír ficha federativa de piloto durante o ano 2017 e manter na data de presentación de solicitudes ficha federativa oficial, na disciplina e/ou modalidade para a que solicita a bolsa.
3.
Estar ao corrente nas obrigas tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estaren ao corrente das obrigas coa Seguridade Social e coa Deputación Provincial.
4.

Os establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións e aplicables no presente caso.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/08/2018

Page count30

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions