Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/08/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 17 DE AGOSTO DE 2018

N.º 188

CONCELLOS
BEGONTE
Anuncio Formada e rendida pola Intervención a Conta Xeral desta Entidade Local, correspondente ao exercicio de 2.017, e informada pola Comisión Especial de Contas con data de 2 de agosto do actual, de conformidade e aos efectos previdos no art. 212 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, exponse ao público, xunto cos seus xustificantes, na Secretaría do Concello, polo prazo de quince días, a fin de que durante os mesmos e oito mais, poidan ser examinados e formularse, no seu caso, as reclamacións, reparos ou observacións que estimen pertinentes.
Begonte, a 2 de Agosto de 2018.- O Alcalde-Presidente, José Ulla Rocha.
R. 2245

LOURENZÁ
Anuncio Aprobados os expedientes de de baixa dos dereitos recoñecidos pendentes de cobro procedentes dos exercicios pechados do 2013 e 2015, estes acordos expóñense ó publico polo prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, a efectos de exame e reclamacións polos interesados. De non presentarse ningunha, entenderase definitivo o acordo adoptado.
Lourenzá,31 de xullo do 2018.- A Alcaldesa, Rocío López García.
R. 2249

Anuncio De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais aprobado por Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro, faise público a Resolución da Alcaldía SOBRE NOMEAMENTO DE TENENTE DE ALCALDE E MEMBRO DA XUNTA DE GOBERNO
LOCAL de data 20/07/2018:
D. ROCÍO LÓPEZ GARCÍA, ALCALDESA-PRESIDENTE DO CONCELLO DE LOURENZÁ, PROVINCIA DE LUGO, De conformidade co establecido nos artigos 21.3, 23.1 e 2 da Lei 7/85 de 2 de abril, de Bases de Réxime Local, artigos 43,44,52,53 e 112.3 do Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e os artigos 61.3 e 65 da Lei 5/97 de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, e Correspondéndolle á Alcaldía o libre nomeamento dos concelleiros que integrarán a Xunta de Goberno Local e ante a dimisión do concelleiro e 2º tenente de Alcalde, D. Carlos Rivas Rivas, da que se deu conta ó Pleno na sesión celebrada o pasado dezanove de xullo do ano en curso, VEÑO EN DISPOÑER:
PRIMEIRO.- Nomear membro da Xunta de Goberno Local, en substitución de aquel, así como segundo tenente de Alcalde a D. Miguel Castrillón Fernández.
SEGUNDO.- Establecer que as sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local celebraranse os últimos venres de mes ás dez 10,00 horas.
O manda e asina a Sra. Alcaldesa, D. Rocío López García, en Lourenzá a vinte de xullo do 2018.A Alcaldesa.
Asdo.: Rocío López García. Segue sinatura.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/08/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/08/2018

Page count12

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions