Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/08/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 179 luns, 6 de agosto de 2018

BOP de Lugo
CONCELLOS
BECERREÁ
Anuncio Formulada, rendida e informada pola Comisión Especial de Contas deste Concello, a conta xeral, correspondente ó exercicio 2017, expónse ó público polo prazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Durante o mesmo os interesados lexitimados, poderán examinala e formula-las reclamacións, reparos e alegacións que estimen pertinentes, no prazo de exposición e nos oito días seguintes, de conformidade co disposto nos artigos 116, da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e o artigo 212 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Becerrea, 30 de xullo de 2018.- O Alcalde-Presidente, Manuel Martínez Núñez.
R. 2186

CARBALLEDO
Anuncio Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 12 de xullo de 2018 aprobóuse o padrón fiscal do servicio de abastecemento, saneamento e depuración de augas do Concello de Carballedo correspondente ó segundo trimestre do exercicio 2018.
O importe total do padrón ascende a DOCE MIL CINCOCENTOS CORENTA E UN EUROS E DEZANOVE CÉNTIMOS DE
EURO 12.541,19€, sendo o período voluntario de cobro dende o día 01 de agosto de 2018 ao 01 de outubro de 2018 ámbolos dous inclusive de conformidade co previsto nos arts.12 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e 62.3 da Lei xeral tributaria.
O resume do padrón é o seguinte:
CONCEPTO: Taxa polo abastecemento e saneamento de augas.
PERIODO. 2º trimestre 2018.
NÚMERO DE PÁXINAS: 39
NÚMERO DE RECIBOS: 600
PRIMEIRO SUXETO PASIVO: LÓPEZ NAVAL, HERMINIO
ULTIMO SUXEITO PASIVO: COUSO GONZÁLEZ, JOSÉ
IMPORTE TOTAL: Auga 8.936,50 €; IVE: 893,65 €; Canon Xunta Cota fixa: 1.338,96 €; Canon Xunta Cota Variable: 1.372,08 €, Total importe padrón: 12.541,19 €
Procédese á exposición pública de dito Padrón durante o prazo de quince días a partir da publicación do anuncio de cobro no Boletín Oficial da Provincia, prazo durante o cal dito padrón estará á disposición dos interesados no concello para que poidan examinalo e presentar cantas reclamacións estimen oportunas.
Contra o acto de aprobación do Padrón poderá interporse recurso de reposición ante o Alcalde-Presidente no prazo dun mes a contar dende o seguinte ó da finalización do período de exposición pública do Padrón, de conformidade ó previsto no art. 14.2 do Real DecretoLexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
A falta de pago no período voluntario sinalado suporá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende que se entenda producida a notificación.
Carballedo, 13 de xullo de 2018.- O Alcalde, Julio M. Yebra-Pimentel Blanco R. 2130

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/08/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/08/2018

Page count5

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions