Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

29

Núm. 177 venres, 3 de agosto de 2018

BOP de Lugo
d Os remates de chemineas e cumios harmonizarán cos existentes e As carpinterías e ocos serán dos materiais, cores e configuracións existentes no entorno.
f Os elementos de escurecemento serán preferentemente mediante contras de madeira. Non se permiten en ningún caso persianas exteriores.
g Os voos e recuamentos serán autorizables cando sexan acordes coas tipoloxías existentes no núcleo e comarca, como galerías de madeira, patíns e solianas.
h Non se permitirán movementos de terras que varíen a morfoloxía da paisaxe do lugar ou alteren significativamente a súa topografía i Protexeranse os sebes e muros tradicionais existentes. Os novos peches deberán gardar harmonía cos tradicionais j Conservaranse os exemplares de arboredo autóctono existentes k Nos proxectos de urbanización dos espazos públicos, os materiais utilizados harmonizarán co entorno e co ambiente rural, o mobiliario será discreto e o estritamente necesario, formulándose soterrados os novos tendidos aéreos e soterrando os existentes, e minimizando as instalacións urbanas.
Vilalba, 17 de Xuño de 2018.- O Alcalde, Agustín Baamonde Díaz.
R.2120

MINISTERIO DE FACENDA E FUNCIÓN PÚBLICA
BASE DE DATOS NACIONAL DE SUBVENCIÓNS BDNS DEPUTACIÓN
Anuncio EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO EN SESIÓN CELEBRADA
O 20 DE XULLO DE 2018 POLO QUE SE APROBAN AS BASES DA CONVOCATORIA, O GASTO, E OS ANEXOS DAS
BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO, DISCIPLINA AUTOMOBILISMO, ESPECIALIDADE
RALLY DE ASFALTO, TERRA OU MONTAÑA NA ANUALIDADE 2018
BDNS Identif.: 409986
BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO, DISCIPLINA AUTOMOBILISMO, ESPECIALIDADE
RALLY DE ASFALTO, TERRA OU MONTAÑA NA ANUALIDADE 2018
BDNS Identif:
De conformidade co previsto nos artigos 17.3b e 20.8 da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións http www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/index Primeiro.- Beneficiarios:
Persoas físicas que sexan deportistas federados nalgunha das federacións oficiais de automobilismo, de calquera categoría, e exclusivamente de modalidades de rallye de asfalto, terra e montaña, de nacionalidade española ou residentes legais en España, que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.
Segundo.Obxecto:
Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para o outorgamento de bolsas para deportistas individuais da provincia de Lugo, anualidade 2018, destinadas a deportistas individuais da disciplina automobilismo, especialidade rally de asfalto, terra ou montaña.
Terceiro. Bases reguladoras A Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Lugo na web desta entidade local, en concreto na seguinte dirección, http: http run.gob.es/owqlth BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO, DISCIPLINA AUTOMOBILISMO, ESPECIALIDADE
RALLY DE ASFALTO, TERRA OU MONTAÑA NA ANUALIDADE 2018 http run.gob.es/owqlth Cuarto. Contía e importe mínimo e máximo Establécese como importe máximo de cada bolsa 7000,00 ? e como importe mínimo de cada bolsa 400,00 ?.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes Prazo para a presentación de solicitudes: 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP de Lugo. Cada deportista só poderá presentar una única solicitude Anexo I e optar a unha única bolsa.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/08/2018

Page count30

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions