Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

28

Núm. 177 venres, 3 de agosto de 2018

BOP de Lugo
Condicións da edificación A edificación do núcleo rural histórico tradicional axustarase ás seguintes determinacións, cuxo cumprimento deberá ser verificado polo Concello previamente á concesión da licenza ou comunicación previa:
a As novas construcións harmonizarán coas tipoloxías tradicionais existentes ou dominantes no asentamento, admitíndose polo tanto edificacións noutras conformadoras do continuo urbano e edificacións illadas. A
tipoloxía das novas edificacións será congruente cas tipoloxías identificadas como tradicionais no estudo do núcleo rural. Neste senso, non se permitirán edificacións que sexan características das zonas urbanas, aquelas cuxa tipoloxía resulte impropia coas existentes no asentamento, as naves industriais da calquera tipo e as vivendas acaroadas proxectadas en serie, de características similares e colocadas en continuidade en máis de 3
unidades artigos 26.1.a 26.2.a e 26.2.b da Lei 2/2016 LSG
b Establécese unha parcela mínima de 1.400 m2
Poderase autorizar edificacións en parcelas de menor dimensión naqueles supostos en que se atope entre parcelas edificadas, coa imposibilidade física de cubrir o mínimo esixido.
c Edificabilidade: 0,30 m2/m2
d Recuados:
Establécense para o conxunto do núcleo os seguintes recuados:
- A vía pública: establécese a aliñación a 4 metros do eixo da vía de acceso - A lindeiros: recuado de 3,00 m. Poderase autorizar edificacións adheridas a paramentos cegos ou, na súa ausencia, aos aliñamentos consolidados.
e Ocupación máxima de parcela polas edificacións: 30%
Cando se dea a excepcionalidade recollida no parágrafo b e se trate de parcelas de superficie menor ca mínima esixida a ocupación poderá superar a porcentaxe marcada.
En todo caso, seguindo as dimensións das edificacións, seguindo as dimensións das edificacións existentes establécese para as obras de nova planta unha ocupación máxima de 150 m2
f Pendente máxima de cuberta: 30 graos, cunha altura máxima do cumio de 3,60m g Altura máxima: xenericamente establécese baixo + 1 andar, cunha altura máxima de 6,00 m medidos no centro das fachadas, dende a rasante natural do terreo ao arrinque inferior do faldón de cuberta.
h Edificacións auxiliares - É aquela construción que alberga usos complementarios do característico do núcleo, de escasa entidade e complexidade construtiva. En ningún caso poderán ser pezas destinadas ao uso de vivienda. Preferentemente vinculada á edificación principal, podéndose autorizar a construción deste elemento sen a presenza de edificación principal, xustificando o seu uso.
- As edificación auxiliares serán, preferentemente, de planta baixa, podéndose realizar sobrados e faiados, ca utilización do espazo de baixo cuberta. A altura máxima de 3 metros no cumio medido no centro das súas fachadas. Só poderase superar esta altura d xeito plenamente xustificado.
- Poderán situarse exentas ou acaroadas á edificación principal.
- Estarase ao recollido nesta propia ordenanza no referido ás condicións estéticas e de harmonización das novas intervencións.
Con carácter xeral prohíbense os sotos e semisotos, ao no ser acordes co tecido tradicional existente. En casos puntuais que se xustifique a necesidade manifesta da materialización dun soto, o acceso deberá resolverse no interior da edificación. Igualmente só se admitirá semisotos cando as condicións topográficas do terreo impidan a construción doutro xeito. Terá condición de semisoto calquera porción de planta que sobresaia da rasante do terreo nalgún punto, computando como un andar.
Condicións estéticas e de harmonización das novas intervencións Cara a unha axeitada integración das intervencións arquitectónicas, tanto de obra nova coma de rehabilitación de construcións existentes, nos ámbitos de solo de núcleo rural histórico tradicional, establécense as seguintes determinacións:
a En xeral, as canles e baixantes non presentarán molduras nin acanaladuras, serán de chapa metálica de cinc, cinc-titanio ou cobre, con acabado mate e sección circular.
b Para o acabado das edificacións empregaranse a pedra ou os materiais tradicionais e propios da zona.
c O material de cuberta será a lousa, como é tradicional na zona. O paneis ondulados de fibrocemento e similares, quedarán ocultos tanto nos faldóns coma nos beirados. Excepcionalmente poderase utilizar materiais respectuosos e que harmonicen cos tradicionais como o cinc ou cobre.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/08/2018

Page count30

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions