Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/10/2018

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 246 venres, 26 de outubro de 2018

BOP de Lugo
5.1.1.- PRIMEIRO EXERCICIO.
A elección do Tribunal o primeiro exercicio poderá consistir nas seguintes opcións:
a Na exposición por escrito dun tema de carácter xeral relacionado co apartado A MATERIAS COMÚNS do programa, sen que teña que aterse aos epígrafes concretos dos temas, cun tempo máximo para realizalo de sesenta minutos.
b Na exposición por escrito dun tema seleccionado por sorteo entre os contidos no apartado A MATERIAS
COMÚNS do programa, sendo neste caso o tempo máximo para realizar o exercicio sesenta minutos.
c Nun exercicio tipo test dun máximo de 40 preguntas, con tres respostas alternativas, que abarque a totalidade do programa de materias comúns. Neste caso o tempo máximo para realizar o exercicio de 45
minutos.
O Tribunal elaborará o exame tipo test e fixará os criterios para a súa corrección, podendo penalizar as respostas erróneas ou establecer outros criterios obxectivos de corrección.
Este exercicio - no caso de que se opte polas modalidades a ou bserá lido polas persoas aspirantes diante do Tribunal, na data que este determine podendo asistir á dita lectura as demais persoas aspirantes.
Este exercicio é obrigatorio e eliminatorio; puntuarase de 0 a 10 puntos sendo a puntuación mínima 5 puntos para superar o exercicio.
5.1.2.- SEGUNDO EXERCICIO.

O
-

sorteo será do seguinte xeito:
1 tema do Bloque I.
1 tema do Bloque II.
1 tema do Bloque III.
1 tema do Bloque IV.

O tempo máximo para a realización do segundo exercicio será de 180 minutos.
Este exercicio será lido polas persoas aspirantes diante do Tribunal, na data que este determine, podendo asistir a mencionada lectura as demais persoas aspirantes.
O Tribunal poderá formular preguntas sobre o contido dos temas ou solicitar aclaracións en relación coa proba realizada de xeito que lle permita formar unha opinión máis precisa dos coñecementos de cada persoa aspirante.
Este exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio; puntuarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario obter un mínimo de 10 puntos para superar o exercicio.
5.1.3.- TERCEIRO EXERCICIO.
O terceiro exercicio consistirá nunha proba práctica sobre os temas contidos no apartado B MATERIAS
ESPECÍFICAS, establecida libremente polo Tribunal e terá por obxecto comprobar a aplicación práctica dos coñecementos que se inclúen no programa nun suposto concreto que responda ás funcións ou tarefas das prazas/postos de traballo que se convocan.
O Tribunal proporá un exercicio e realizarase no tempo máximo de 120 minutos.
Este exercicio poderá ser lido polas persoas aspirantes diante do Tribunal, na data que este determine, podendo asistir as demais persoas aspirantes.
O Tribunal poderá formular preguntas sobre o contido do exercicio ou solicitar aclaracións en relación coa proba realizada de xeito que lle permita formar unha opinión máis precisa das habilidades profesionais de cada persoa aspirante.
Este exercicio terá carácter obrigatorio e eliminatorio. Puntuarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario obter un mínimo de 10 puntos para superalo.
5.1.4.- CUARTO EXERCICIO. PROBA DE GALEGO.
O artigo 51 da Lei 2/2015, de 29 de abril, da Lei do Emprego Público de Galicia, establece:
para lle dar cumprimento á normalización do idioma galego nas administracións públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas administracións públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se realicen para o acceso aos postos das administracións públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme á normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, de ser o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega..

Anuncio publicado en: Num BOP 246 año 2018 26/10/2018
25/10/2018 08:00:00
14:11:40

Consistirá na exposición por escrito de CATRO temas, seleccionados por sorteo, entre os temas das MATERIAS
ESPECÍFICAS.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/10/2018

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date26/10/2018

Page count61

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031