Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/10/2018

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 1 DE OUTUBRO DE 2018

N.º 226

CONCELLOS
CARBALLEDO
Anuncio En cumprimento do acordado en Xunta de Goberno Local do Concello de Carballedo celebrada con data 5 de xullo de 2018 procédese á publicación das Bases Xerais para o acceso en propiedade a prazas de persoal laboral fixo en quenda de consolidación de emprego temporal, incluídas na oferta de emprego público para o ano 2018
DOGA do 10 de abril de 2018.
BASES XERAIS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A PRAZAS DE PERSOAL LABORAL FIXO DO CONCELLO DE
CARBALLEDO EN QUENDA DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL INCLUIDAS NA OFERTA DE
EMPREGO PÚBLICO APROBADA MEDIANTE RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA DE DATA 11 DE XANEIRO DE 2018 E
PUBLICADA NO DOGA DE 10 DE ABRIL 2018.

As presentes bases teñen por obxecto a regulación do procedemento xeral para o acceso en propiedade ás prazas vacantes de PERSOAL LABORAL FIXO en quenda libre e dentro do marco do proceso extraordinario de consolidación de emprego temporal, de acordo co disposto no artigo 19.6 da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017 e a disposición transitoria cuarta do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, prazas que, de seguido, se relacionan:
PRAZAS DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO
PERSOAL LABORAL FIXO
CÓDIGO

DENOMINACIÓN DO POSTO

GRUPO

VACANTES

2008

OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES

V

3

3000

TRABALLADORA SOCIAL

II

1

3001

EDUCADORA FAMILIAR

III

1

Nas distintas bases específicas determinaranse, de ser o caso, as prazas reservadas para ser cubertas entre personas con discapacidade, conforme ao disposto no artigo 59 da Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro.
NORMATIVA DE APLICACIÓN
Os diversos procesos selectivos regularanse polo disposto nas presentes bases xerais e nas específicas de cada praza, e a correspondente convocatoria. Subsidiariamente, polo Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, o Decreto Legislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Función Pública de Galicia, Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, de regras básicas e programas mínimos do procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local, e supletoriamente polo Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aprobou o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ó Servizo da Administración Xeral do Estado.
REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Para participar nas probas selectivas cómpre:
a Ser español/a ou nacional doutro Estado membro da Unión europea nos termos previstos no artigo 57 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro.
b Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

Anuncio publicado en: Num BOP 226 año 2018 01/10/2018
28/09/2018 08:00:00
13:36:51

OBXECTO

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/10/2018

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date01/10/2018

Page count39

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones