Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/10/2018

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 17 DE OUTUBRO DE 2018

N.º 238

CONCELLOS
BALEIRA
Anuncio A Corporación Municipal do Concello de Baleira Lugo na sesión plenaria ordinaria do 04 de outubro do 2018, aprobou inicialmente o expediente de desafectación do dominio público municipal dun tramo de 140 m do camín con referencia catastral 27004A099090060000EY parcela 9006 do polígono 99, para a súa posterior permuta con parte da parcela 104 do polígono 4 nunha superficie de 140 m, ambos na zona de concentración parcelaria de Pousada.
O expediente exponse a información pública polo prazo dun mes mediante edictos no Taboleiro de Edictos do Concello de Baleira e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo , na Casa do Concello de Baleira de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas . Durante o mencionado prazo poderáse examina-lo expediente e presenta-las alegacións e/ou reclamacións ó mesmo que se estimen oportunas.

R. 2837

BECERREÁ
Anuncio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
Por Decreto da Alcaldía de data 05/10/2018, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de outubro do 2018 da taxa pola prestación do servicio de Gardería Infantil.
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago da taxa, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación R.D. 939/2005, do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 05/12/2018. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas.
Para o resto dos contribuíntes, os recibos seranlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectúa-lo pago en calquera oficina de Abanca. No caso de non recibilos, obrigado ó pagamento deberá personarse nas oficinas municipais para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento; de acordo co
Anuncio publicado en: Num BOP 238 año 2018 17/10/2018
16/10/2018 08:00:00
10:31:06

Baleira, 8 de outubro de 2018.- O Alcalde, Ángel Enrique Martínez-Puga López.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/10/2018

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date17/10/2018

Page count13

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031