Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/10/2018

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 240 venres, 19 de outubro de 2018

BOP de Lugo
O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de SEIS MESES, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP. Transcorrido o dito prazo sen que se adopte resolución expresa, a solicitude poderase entender desestimada.
A resolución poñerá fin á vía administrativa, e contra ela as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano ou ben, alternativamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo.
- Non se admite a reformulación das solicitudes para os supostos nos que a subvención concedida sexa inferior á que figura na solicitude.
- A aceptación da subvención concedida entenderase efectuada se no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte hábil ao da notificación, non renunciasen a ela expresamente mediante escrito dirixido ao órgano concedente.
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións doutras administracións públicas ou entidades privadas poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.
A existencia dalgunha circuntancia que implique a modificacón da subvención deberá ser comunicada ó responsable dos Servizos Sociais Muncipais e solicitada a modificación oportuna antes do prazo de realización da actividades aos efectos da autorización e modificación da resolución.
- As subvencións que se outorguen ao abeiro desta convocatoria serán compatibles con outras para o mesmo fin sen que en ningún caso o importe total subvencionado pola totalidade de entes ou organismos subvencionadores da actividade poida superar o 95% do custo total da actividade.

- As actividades obxecto de subvención poderán subcontratatarse nos termos establecidos no artigo 29 da Lei 38/2003, xeral de subvencións ata un límite do 50% do importe total da acvitidade subvencionada En ningún caso poderá subcontratarse a realización da actividade a persoas ou entidades que se atopen nas circunstancias establecidas no artigo 29.7 da Lei Xeral de Subvencións.
Artigo 7. Publicidade das subvencións concedidas Procederase á publicación da concesión das subvencións outorgadas de conformidade co establecido no artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e normativa de aplicación.
Artigo 8. Criterios de valoración e contía da subvención A concesión ou denegación das subvencións, así como a súa cuantificación económica, efectuarase tendo en conta os seguintes criterios:
Criterio de valoración
Puntuación
Interese xeral da actividade ou programa. Valorarase especialmente a súa incidencia real na colectividade.

Ata 3

Especialización na atención a colectivos aos que vai dirixida a actividade.

Ata 2

Carácter permanente e continuo da actividade ou programa.

Ata 1

Que se trate de entidades ou asociacións que presenten, a xuízo da comisión de avaliación unha traxectoria de coordinación e colaboración nas súas actuacións co Concello.

Ata 1

Orixinalidade e carácter innovador da actividade.

Ata 1

Que se trate de actuacións dirixidas a colectivos en especial situación de desvantaxe ou con especiais dificultades de inserción social.

Ata 3

Que a entidade conte cunha vogalía ou departamento de muller ou igualdade.
Que se trate de programas en zonas do municipio con menor incidencia da acción e participación social, fundamentalmente na zona rural.
Puntuación máxima
3 puntos Ata 2
16

A puntuación máxima outorgable será de 16 puntos.Para obter subvención será imprescindible acadar ou superar o 30% da puntuación máxima esixida. 4,80 puntos Unha vez sumada a puntuación obtida por todos os expedientes, é necesario achar o valor punto. Para isto, divídese o importe total para repartir entre o número total de puntos obtidos por todas as accións subvencionadas.

Anuncio publicado en: Num BOP 240 año 2018 19/10/2018
18/10/2018 08:00:00
11:55:07

O 5 % do gasto proposto e orzamentado no proxecto presentado deberá ser financiado exclusivamente pola asociación ou entidade. No caso de que exista sobrefinanciamento, a/o beneficiaria/o deberá proceder ao reintegro da contía concedida polo Concello de Lugo na cantidade que exceda do custo da actividade.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/10/2018

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date19/10/2018

Page count54

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031