Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/10/2018

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 238 mércores, 17 de outubro de 2018

BOP de Lugo
b Obras de demolición e edificación de vivendas de nova construción. Os novos edificios deberán ter unha cualificación enerxética mínima B e cumprir, en todo caso, coas exixencias do Código técnico da edificación.
Así mesmo, serán subvencionables:
c Os custos dos programas de realoxo temporal dos ocupantes legais de inmobles que deban ser desaloxados da súa vivenda habitual, como consecuencia da correspondente actuación.
4. Requisitos das actuacións a Todas as actuacións deberán dispor de licenza municipal ou, de ser o caso, someterse ao réxime de intervención municipal de comunicación previa, así como dispoñer de todas as autorizacións sectoriais preceptivas.
b As actuacións deberán axustarse ao proxecto ou a memoria elaborada para a súa execución.
c No caso de realizarse actuacións en edificios de tipoloxía residencial colectiva, será requisito necesario contar co correspondente informe de avaliación, cuxo contido debe axustarse ao modelo tipo previsto no anexo II do Real decreto 233/2013, do 5 de abril, así como, de ser o caso, co acordo validamente adoptado pola comunidade de propietarios/as ou agrupación de comunidades de propietarios/as referido á execución das obras obxecto da solicitude.
5. Prazo de execución O prazo máximo de execución da actuación e de xustificación do pagamento das obras será o 31 de decembro de 2019.
6. Orzamento protexible
O custo total subvencionable constituirá o orzamento protexible da actuación e non poderá superar os custos medios do mercado que correspondan a tales actuacións.
7. Persoas ou entidades beneficiarias a Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as persoas propietarias únicas de edificios de vivendas ou de vivendas individuais, as comunidades de persoas propietarias, as agrupacións destas comunidades, os consorcios e os entes asociativos de xestión.
b As persoas e as entidades beneficiarias das axudas deberán reunir os requisitos establecidos no artigo 6.2 do Real decreto 233/2013, do 5 de abril.
c Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou aquelas ás cales se lles revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou á entidade solicitante.
d Non poderán obter as subvencións deste programa quen se beneficiase, dentro do ámbito da actuación, de axudas do programa de rehabilitación edificatoria do Plan estatal 2013-2016, de conformidade co artigo 28.3 do Real decreto 233/2013, do 5 de abril.
8. Contía das axudas A contía máxima das axudas non poderá exceder do 45 % 35% de aportación estatal e 10% de aportación autonómica do custo subvencionable da actuación nin poderá superar;

-

Ata 15.000 euros 11.000 euros de aportación estatal e 4000 € de aportación autonómicapor cada vivenda obxecto de rehabilitación
-

Ata 30.000 euros aportación estatal por cada vivenda construída en substitución doutra previamente demolida.

-

Ata 4.000 euros anuais aportación estatal, por unidade de convivencia que hai que realoxar, durante o tempo que duren as obras e ate un máximo de 3 anos, para as actuacións de realoxo temporal.

9. Compatibilidades das axudas As subvencións deste programa son compatibles con calquera outra axuda pública, sempre e cando a suma de todas non supere o custo total da actuación concreta, salvo que se beneficiase, no mesmo ámbito de actuación, das axudas do programa de rehabilitación edificatoria do Plan estatal 2013-2016, artigo 28 real decreto 233/2013.

Anuncio publicado en: Num BOP 238 año 2018 17/10/2018
16/10/2018 08:00:00
10:31:06

As actuacións protexibles incluirán, para os efectos da determinación do custo total das obras, os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e calquera outro gasto derivado da actuación, sempre que estean debidamente xustificados. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/10/2018

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date17/10/2018

Page count13

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031