Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/10/2018

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 230 sábado, 6 de outubro de 2018

BOP de Lugo
3.- CRÉDITO ORZAMENTARIO E CONTÍA DAS AXUDAS
As axudas será como máximo de 150 euros por cada fillo que estea cursando estudios de educación infantil 2º ciclo de 3 a 5 anos no CIP Poeta Uxío Novoneyra, no curso 2018-2019. Aplicación orzamentaria á que se imputarán estas axudas é a 326.48 do orzamento municipal para o 2018 ata un total de 1.500 euros.
Poderá incrementarse esta contía prevista en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito. Dita ampliación poderá acordarse por Resolución da Alcaldía e deberá publicarse nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.
4.- SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN NECESARIA
4.1 PRAZO: As solicitudes deberán presentarse ata o 15 de novembro de 2018
4.2. LUGAR: Rexistro Xeral do Concello de Folgoso do Courel de 9:00 h a 14:00 h.
4.3 DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBERÁ XUNTAR:
As solicitudes achegaranse mediante modelo oficial subscrito pola persoa interesada pai/nai/titor legal. A
presentación da dita solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para a comprobación dos datos que constan na mesma ante os organismos ou entidades correspondentes.
Cada solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:
1 Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar maiores de idade 2 Fotocopia do libro de familia. No seu caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do alumno, de selo caso.
3 Certificado expedido polo centro, acreditativo de que o solicitante cursa estudos no mesmo.

5 Declaración de outras axudas solicitadas ou concedidas para a mesma actuación.
6 Datos bancarios do beneficiario ou representante legal para recibir a subvención.
7 Facturas xustificativas no que figure o nome do solicitante e do neno/a beneficiario/a da axuda e detalle da compra dos libros e material escolar correspondente ao curso escolar 2018/2019
8 Calquera outro documento que se considere de interese para a mellor avaliación da subvención e calquera outra documentación que lle sexa solicitada polo Concello en relación co outorgamento da subvención.
5.- PUBLICIDADE
A convocatoria destas axudas publicarase no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do Concello e na Base de Datos Nacional de Subvencións e farase por Decreto da Alcaldía.
6.- PROCEDEMENTO
O órgano competente para a concesión das axudas será o alcalde, previo informe da Intervención municipal.
O acordo de concesión ou denegación será motivado, quedando constancia no expediente dos fundamentos da resolución que se adopte. As axudas concedidas notificaranse individualmente no prazo máximo de tres meses, a contar dende a finalización do prazo de presentación de solicitudes e en todo caso antes do 31 de decembro de 2017, e publicaranse no taboleiro de anuncios do concello.
A modificación de calquera das circunstancias que se tiveran en conta para a concesión das mesmas, que deberá ser posta en coñecemento do concello, poderá dar lugar á modificación da resolución.
7.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
O pagamento destas axudas realizarase mediante transferencia bancaria, tras a súa xustificación por medio da presentación de facturas orixinais. En casos especiais, os cales terán que ser valorados polas profesionais do Departamento municipal de Servizos Sociais, o pagamento da axuda, tras a delegación escrita do/a beneficiario/a, aboaráselle ao establecemento subministrador do material escolar.
Terán a consideración de casos especiais aqueles que por razón de necesidade, precariedade ou urxencia se atopen nunha situación de risco e/ou desprotección, sendo necesario nestes casos un informe da traballadora social do Concello, co visto e prace do/a Concelleiro/a de Asuntos Sociais.

Anuncio publicado en: Num BOP 230 año 2018 06/10/2018
04/10/2018 08:00:00
14:00:32

4 Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e co Concello, así como de non estar incurso en ningunha das prohibicións para contratar.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/10/2018

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date06/10/2018

Page count26

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones