Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/02/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 049 mércores, 27 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
7.4.- LUGAR DE PRESENTACIÓN.
A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral do Concello de Samos, ou a través das formas establecidas no artigo 16 da vixente Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos, deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo empregado do Servizo de Correos antes de seren certificadas.
7.5.- ERROS NAS SOLICITUDES.
Os erros de feito que puideran advertirse, poderán rectificarse en calquera momento, de oficio ou a petición do interesado.
Non obstante o sinalado, a presentación de instancias fóra do prazo establecido non será emendable e suporá a exclusión do procedemento selectivo.
7.6.- DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ ACOMPAÑAR NECESARIAMENTE Á SOLICITUDE.
7.6.1.- Copia autenticada ou fotocopia que se deberá prestar acompañada do orixinal para a súa compulsa do DNI.
7.6.2.- Copia autenticada ou fotocopia que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa do título académico esixido ou certificación académica dos estudios realizados, xustificando ter feito o pagamento dos dereitos para a súa expedición.
7.6.3. ACREDITACIÓN DE MÉRITOS.
A Documentación acreditativa dos méritos alegados cando o sistema selectivo sexa o concurso de méritos ou o concurso-oposición.

Os méritos aos que se fai referencia no Baremo que figura nas Bases Específicas, deberán xustificarse polas persoas interesadas fidedignamente con documentos orixinais ou mediante copia autenticada acreditativa daqueles, mediante certificacións, titulación ou titulacións no caso de equivalencia ou homologación de titulacións, deberá xustificarse co certificado expedido polo organismo competente para establecelas ou calquera outro documento que probe de xeito indubidable a posesión destes.
Os méritos de experiencia profesional deberanse acreditar mediante vida laboral, contratos de traballo, certificacións de nomeamentos ou outros certificados oficiais de prestación de servizos que permitan verificar os períodos efectivos de traballo e as funcións desenvolvidas, nos citados períodos.
Os méritos aos que se fai referencia no baremo deberán posuírse na data de remate do prazo de presentación de instancias, computándose en calquera caso ata a citada data.
B Consecuencias do incumprimento do establecido no apartado anterior.
A non acreditación dos méritos alegados conforme se sinala no apartado anterior, non serán tidos en conta polo Tribunal nin se valorarán, aínda que se acrediten fóra do prazo de presentación de instancias, xa que non poderá subsanarse. Tampouco se requirirá ás persoas interesadas para que os acrediten.
8.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES.
8.1.- LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS.
Transcorrido o prazo de presentación de instancias, o Sr. Alcalde ditará Resolución no prazo máximo dun mes, declarando a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as, cos nomes, apelidos e causa de exclusión indicando se esta é ou non subsanable. Esta Resolución publicarase no BOP e no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina webwww.concellosamos.es.
8.2. SUBSANACIÓN DE ERROS E ALEGACIÓNS.
Conforme ao disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, as persoas interesadas poderán solicitar a emenda dos erros corrixibles que se produciran na lista provisional de admitidos/as e excluídos/as, nun prazo de dez días contados dende o seguinte á publicación da citada Resolución.
Se no dito prazo non se corrixen os defectos, serán definitivamente excluídos/as da realización das probas.
En todo caso, co obxecto de evitar erros e, no suposto de producirse, posibilitar a súa corrección en tempo e forma, as persoas aspirantes comprobarán non só que non se atopan na relación de excluídos/as, senón que, ademais, se figuran na lista da quenda correspondente sistema xeral ou cota de discapacitados e que os seus nomes e datos persoais se recollen correctamente.

Anuncio publicado en: Num BOP 49 año 2019 26/02/2019 14:17:25
27/02/2019 08:00:00

As persoas aspirantes deberán presentar, acompañando á solicitude a documentación que acredite os méritos aos que fai referencia a convocatoria en relación á fase de concurso ou ao concurso de méritos.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/02/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha27/02/2019

Nro. de páginas25

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728