Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/02/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

6

Núm. 049 mércores, 27 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
8.3. LISTA DEFINITIVA.
Finalizados os prazos sinalados, o Sr. Alcalde ditará Resolución, aceptando ou rexeitando as alegacións presentadas e publicará tamén a citada resolución no BOP , no Taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na Páxina Web www.concellosamos.es coas listas definitivas completas de admitidos/as e excluídos/as.
De non producirse exclusións, ou de non presentarse ningunha alegación á lista provisional, esta entenderase definitiva, transcorrido o prazo de dez días hábiles dende a publicación da Resolución aprobatoria.
8.4. RECURSOS CONTRA A LISTA DEFINITIVA.
Contra a Resolución que aprobe a lista definitiva, as persoas aspirantes excluídas poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, diante do Sr. Alcalde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación no BOP; ou ben recurso contencioso-administrativo, diante do Xulgado do ContenciosoAdministrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte á citada publicación no BOP.
8.5.- O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas interesadas decaerán en todos os dereitos que puideran derivar da súa participación no procedemento.
9.- DESIGNACIÓN, COMPOSICIÓN E ACTUACIÓN DO TRIBUNAL.
9.1. COMPOSICIÓN.
O Tribunal cualificador estará composto por un mínimo de 5 membros titulares e 5 suplentes, podendo actuar indistintamente titulares e suplentes, sendo a súa composición a seguinte:
PRESIDENTE: Unha persoa funcionaria de carreira ou do cadro de persoal laboral fixo.
VOGAIS: Tres técnicos/as ou expertos/as, funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo designados/as pola Alcaldía.

Na composición do Tribunal tenderase á paridade entre homes e mulleres. Non poderán formar parte dos tribunais as persoas de elección ou designación política, o persoal funcionario interino e o persoal eventual.
O nomeamento das persoas membros titulares e suplentes que constituirán o Tribunal Cualificador, realizarase por Decreto do Sr. Alcalde, debendo posuír, en calquera caso, titulacións ou especializacións iguais ou superiores ás esixidas para o acceso á praza que se convoca. Os órganos de selección non poderán estar formados maioritariamente por funcionarios pertencentes ao mesmo Corpo ou Escala obxecto da selección.
As persoas que formen parte do Tribunal terán todas voz e voto.
9.2.- ABSTENCIÓN E RECUSACIÓN.
As persoas integrantes do Tribunal absteranse de intervir, comunicándolle á Alcaldía cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.
O Presidente deberá solicitar dos membros do Tribunal declaración expresa de non atoparse incursos nas circunstancias previstas no citado artigo 23 da referida Lei de Réxime Xurídico do Sector Público nin nas demais causas de abstención previstas nesta base. Esta declaración deberá ser tamén cuberta polo persoal asesor especialista e polo persoal auxiliar que o Tribunal incorpore aos seus traballos.
Así mesmo, as persoas interesados poderán promover a recusación de acordo co sinalado no artigo 24 da citada norma.
9.3.- ACTUACIÓN DO TRIBUNAL.
O Tribunal constituirase na data que designe quen ostente a Presidencia, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta das persoas membros de cada Tribunal, titulares ou suplentes, con presenza, en todo caso, de quen ostente a Presidencia e a Secretaría. Na sesión constitutiva adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.
A partir da sesión de constitución, o Tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes con presenza, en todo caso, das persoas que ostenten a Presidencia e a Secretaría, e axustará as súas actuacións en todo momento ao disposto nas Leis 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e 40/2015, de Réxime Xurídico do Sector Público; e ás bases xerais e específicas reguladoras desta convocatoria.
O Tribunal resolverá por maioría de votos das persoas que o integran presentes tódalas dúbidas e propostas que xurdan para aplicación das normas contidas nestas bases e estará facultado para resolver as cuestións que se poidan suscitar durante a realización das probas, así como para adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde naquelas en todo o que non estea previsto nas Bases.

Anuncio publicado en: Num BOP 49 año 2019 26/02/2019 14:17:25
27/02/2019 08:00:00

SECRETARIO/A: A da Corporación ou persoa funcionaria que o substitúa.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/02/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha27/02/2019

Nro. de páginas25

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728