Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/02/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 049 mércores, 27 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
b Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza á que se aspira.
c Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de persoal funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e Posuír a titulación académica esixida nas bases específicas para ingresar na praza á que se aspira.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
f No caso de que exista cota para persoas discapacitadas, ademais dos requisitos anteriores, os aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacitados terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%.
Todos os requisitos esixidos neste apartado deberán posuílos as persoas aspirantes no día que remate o prazo de presentación de solicitudes e conservalos, polo menos, ata a data do seu nomeamento como funcionarios de carreira.
6.1.2.- Requisitos específicos:

As persoas aspirantes seleccionados que viñeran desempeñando unha actividade pública ou privada, deberán solicitar o recoñecemento de compatibilidade no momento da toma de posesión. De non ser compatible a actividade que viñeran desenvolvendo coa relación de servizo ao Concello, as persoas aspirantes seleccionadas comprométense a renunciar á mencionada actividade.
b Cumprir os demais requisitos esixidos para o ingreso nas respectivas bases específicas.
7.- SOLICITUDES.
7.1.- FORMA.
As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán presentar a solicitude, que figura como Anexo I destas Bases Xerais e que estará a disposición de todos os que queiran participar no proceso selectivo na páxina web www.concellosamos.es, manifestando que reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos nestas, en particular na Base Xeral 6.1.1 e na Base Específica 4.
Deberá constar nesta solicitude o compromiso, no caso de obter a praza, de xurar ou prometer lealdade ao Rei, respecto aos dereitos das persoas, estrita observancia da Lei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado.
As persoas aspirantes cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%, a que se refire a base 6.1.f, deberán indicalo expresamente na solicitude, especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecido polo órgano competente, e poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.
As persoas aspirantes só poderán participar, no caso de que exista cota de discapacitados, nunha das dúas modalidades. Se da instancia que se presente non se deduce a súa opción, incluiranse, por defecto, na lista provisional do sistema xeral. Polo tanto, tras a publicación da lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as non se permitirá ningún cambio de quenda posterior ou calquera tipo de corrección ou aclaración ao respecto.
A solicitude deberá ser debidamente cumprimentada e acompañarase dos documentos sinalados na base 7.6
7.2.- ÓRGANO A QUEN SE DIRIXE.
As instancias correspondentes dirixiranse ao Sr. AlcaldePresidente do Concello de Samos.
7.3.- PRAZO DE PRESENTACIÓN.
O prazo de presentación será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao de publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Anuncio publicado en: Num BOP 49 año 2019 26/02/2019 14:17:25
27/02/2019 08:00:00

a Cumprir, no momento da toma de posesión, os requisitos esixidos na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/02/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha27/02/2019

Nro. de páginas25

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728